STRASBERG NO COLÓN

TALLER PARA ACTORES

“LECCIÓNS MAXISTRAIS DE ACTUACIÓN”

John Strasberg, herdeiro da longa tradición teatral da escola realista, chega desde Nova York para impartir un taller para actrices e actores e compartir coa cidade os seus revolucionarios coñecementos sobre o proceso artístico e a súa carreira como actor, escritor, director e mestre de actores. Así como a súa experiencia profesional por todo o mundo desde os seus inicios como estudante e no mítico The Actors Studio.

 

TALLER PARA ACTORES. DO 18 Ao 29 DE XUÑO. De 10:00 a 15:00 h

Taller impartido polo mestre de actores John Strasberg. Traballarase en parellas sobre escenas do Teatro Universal que serán repartidas unha vez feito o grupo de traballo.

Luns a Venres. 24 prazas para actrices e actores.

Matrículas enviando CV a strasbergcoruna@gmail.com

20 prazas ao día, de ouvintes.

 


DATAS E HORARIOS

  • Luns, 18 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Martes, 19 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Mércores, 20 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Xoves, 21 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Venres, 22 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Luns, 25 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Martes, 26 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Mércores, 27 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Xoves, 28 de Xuño de 2018 | 10:00
  • Venres, 29 de Xuño de 2018 | 10:00