Teatro Musical

Tropical

Elefante Elegante

Tropical é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións. Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.

Prezo: Palcos laterais e VL: 4 € / Principal: 6 € / Palcos centrais: 8 € / Platea: 10 €



DATAS E HORARIOS

  • Venres, 8 de Xuño de 2018 | 20:30