Teatro

Ubú Rei

Talía Teatro

Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. Nesta ocasión, Ubú O´Reilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam O´Connor para destronar ao rei do porto: Dugan O´Sullivan.

Maragotas, tabaco de contrabando, os costumes ancestrais de Osetia e un cadro variopinto de situacións paradoxais que conforman unha historia cómica que transita veloz sobre o seu propio escenario. E ao mesmo tempo, constitúe unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.

Prezo: Palcos VL: 6 € / Principal: 9 € / Palcos centrais: 12 € / Platea: 15 €
Duración: 70 min.
Idioma: Galego
Calificación: PA (Público Adulto)

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 19 de Xaneiro de 2018 | 20:30

FICHA ARTÍSTICA

Autor: Alfred Jarry. Dirección:  Roberto Salgueiro. Elenco: Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Marta Lado, Dani Trillo, Rubén Prieto