Teatro

El último que apague la luz

TEATRO NO COLÓN

 

Comedia para todos os públicos, onde a persoa espectadora se sentirá reflectida en diversas situacións, e en momentos colectivos intégrase como parte da obra.

Móstranse diferentes maneiras de atraer o outro sexo. Como ligaría un home tímido? E un intelectual? Etc. Expóñense os celos na parella e como o ser encantador en exceso pode acabar en divorcio.

Un matrimonio ancián que descobre a infidelidade da súa parella, aos oitenta anos.

Veremos a reacción duns novos pais co seu primeiro fillo na casa. Fórmulas para vencer a monotonía na parella e unha mostra de cando mulleres e homes finximos o que non somos para namorarmos a quen desexamos. A imaxinación do público vai creando distintos personaxes: “un boneco vestido de bombeiro”, “un neno”, “un xornal”, “un biberón“, “un camareiro” etc.

A medida que a obra transcorre, a imaxinación do/a espectador/a vaise desbordando en risas continuas e fai que participe do espectáculo a través do humor. As e os intérpretes os trasladan a outras épocas, explicando os trucos que utilizaban os nosos grandes actores para recibiren o aplauso do público. Para iso utilizaban o “Clac”? (espectadores que pagaban só a metade da entrada e, a cambio, tiñan que lles aplaudir aos actores nas distintas fases da obra) Como eran os apartes no teatro clásico?

No transcurso da obra, escenifícase como os espectadores desconformes pateaban os actores como se facía antigamente, que consistía en golpear cos pés no chan.

Nun divertimento cheo de risas a través do humor, que nos vai mostrando a cultura popular, coa máis prestixiosa actriz cómica: Emma Ozores. Premio Nacional á Mellor Obra de Humor, do 2010, na súa reposición actual é un tributo ao autor, Antonio Ozores.