A V Gala da Cultura (Gala DACCultura) é o evento co que a Deputación da Coruña recoñece e pon en valor o conxunto da creación cultural contemporánea da provincia, reunindo nunha mesma cita as diferentes disciplinas artísticas.
Nesta quinta edición, a gala constrúese arredor da idea de honrar a sorte como parte esencial da identidade e da cultura galegas, un fío argumental que estará presente ao longo de todo o espectáculo, tanto na escenografía como nas intervencións artísticas.
O evento celebrarase no Teatro Colón o vindeiro xoves 16 de abril, ás 19:00 horas, con entrada de balde ata completar a capacidade. A gala está concibida como unha experiencia para o público, combinando música, palabra e artes escénicas nun formato dinámico e accesible.
Durante a gala terá lugar a entrega formal da vintena de premios culturais convocados pola Deputación da Coruña ao longo do último ano, que abranguen ámbitos como a literatura, as artes visuais, a música, o audiovisual, o deseño ou a acción cultural e social. O evento contará cunha actuación en directo do grupo Caamaño&Ameixeiras.
V Gala da Cultura (Gala DACCultura)