Cine

El viaje de Carla

Proxección e debate do documental EL VIAJE DE CARLA coa súa protagonista, Carla Antonelli

Trinta e dous anos despois de marcharse de Guimar (Tenerife) para conseguir unha existencia acorde á súa identidade de xero e libre dos prexuízos sociais vixentes na súa vila natal, Carla Antonelli regresa para se reencontrar coas súas lembranzas e facer balance da súa vida.

A viaxe de Carla explora a viaxe interior que significa aquel regreso para Carla. Unha das mais relevantes activistas pola igualdade de España, referente nacional e internacional do colectivo LGTB, actriz, tertuliana de TV e desde 2011, Deputada na asemblea de Madrid.

Amigos da infancia, familiares, compañeiros do mundo do espectáculo, estrelas de televisión, políticos, veciños de Güímar e activistas LGTB, participan na viaxe de Carla, a narración dun regreso en dúas etapas que comezou en 2009, cando recibiu a distinción máis importante do municipio, e rematou en 2013, cando participou na súa festa maior á que non asistira desde 1976.

Programación da Deputación da Coruña.

Prezo: Acceso gratuito ata completar aforo.



DATAS E HORARIOS

  • Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 | 20:00