CONEXIÓNS - Festival

VII Festival Arte pola Igualdade 2018

Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña

Neste acto, ademais de lembrar a figura da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras -María Victoria Moreno Márquez-, quérese dar a coñecer o traballo de integración que se desenvolve nos centros educativos participantes e demostrar que a discapacidade física e/ou psíquica non é un impedimento para desenvolver o potencial creativo e a sensibilidade artística. Un bo número de alumnos e alumnas do CEE Nosa Señora do Rosario, do CEIP Eusebio da Guarda e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña representarán unha obra teatral e interpretarán distintas pezas musicais.

Prezo: Gratuíto



DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 10 de Maio de 2018 | 19:00