Musical

West Side Story

O Clásico Orixinal de Broadway

Dende a súa primeira nota ata o último suspiro, West Side Story é un dos musicais máis importantes e representativos do teatro universal. A partitura a cargo de Leonard Bernstein e Stepehn Sondheim é unánimemente recoñecida como unha das mellores na historia dos musicais, o texto de Arthur Laurens continúa sendo tan conmovedor e actual como o primeiro día e as coreografías orixinais de Jerome Robbins ocupan un lugar de honra na lenda do baile contemporáneo. Da súa man, a máis grande historia de amor toma as rúas de New York para converterse nun dos fitos do teatro musical de tódolos tempos.

En West Side Story, Arthur Laurens transporta o Romeo e Xuliea de Shakespeare á cidade de New York, onde dous namorados vense atrapados polo enfrontamento entre dúas bandas, os ‘Americanos’ Jet e os Portorriqueños Shark. A loita por sobrevivir nun ambiente de odio, violencia e prexuízos da forma a unha das historias máis emocionantes, desagarradoras, belas e relevantes do teatro musical.

Agora, producida por SOM Procuce e coincidindo co Centenario do nacemento de Leonard Bernstein, estréase por primeira vez en España a versión orixinal íntegra coa que este musical mítico debutou no Winter Garden Theatre (Broadway, 1957). WEST SIDE STORY é unha produción de SOM Produce e WSS 100 Aniversario 2017 AIE baixo licencia exclusiva de Music Theatre International (Europa).

Prezo: 47€ | 49€ | 55€ | 65€
Duración: 2:40

Calificación: + 12

DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 16 de Abril de 2020 | 20:30
  • Venres, 17 de Abril de 2020 | 18:00
  • Venres, 17 de Abril de 2020 | 22:00
  • Sábado, 18 de Abril de 2020 | 18:00
  • Sábado, 18 de Abril de 2020 | 22:00
  • Domingo, 19 de Abril de 2020 | 17:00
  • Domingo, 19 de Abril de 2020 | 20:30