Los Sabandeños e a Orquestra de Cámara Galega protagonizan unha fin de semana musical no Teatro Colón

• As entradas para ver o domingo 13 ao humorista Berto Romero están esgotadas

A fin de semana no Teatro Colón estará protagonizada pola música. O venres 11 ás 20:30 horas Los Sabandeños presentan ‘Antología del Bolero’ e o sábado 12 ás 20:30 horas a Orquestra de Cámara Galega dará un concerto acompañada pola aclamada frautista Gili Schwarzman. O domingo 13 Berto Romero presenta en sesión dobre ‘Sigue con Nosotros’ coas entradas esgotadas.

Gili Schwarzman Pic 2 High Resolution (2)

A Orquestra de Cámara Galega quere recoller, no concerto que dará o sábado 12 e que leva por título ‘Sons do Atlántico’, os sons deste océano da man dos seus creadores para rematar nunha sentida homenaxe ao prolífico compositor Rogelio Groba. O programa está composto por obras creadas dende terras do Brasil por Ernani Aguiar, Arxentina por Alberto Ginastera, Inglaterra por Benjamin Britten e Galicia por Luis Álvarez Cabado e Rogelio Groba. A orquestra baixo a batuta do seu director, Rogelio Groba Otero, estará acompañada pola aclamada frautista Gili Schwarzman, membro da Divan Orchestra West-Eastern dirixida polo mestre Daniel Barenboim.

SABANDENOS_

O venres 11 Los Sabandeños repasarán en ‘Antología del Bolero’ os grandes éxitos da súa carreira, facendo un percorrido polas cancións máis fermosas e emblemáticas da historia do bolero. A formación é toda unha referencia a nivel nacional e internacional con máis de 50 anos de historia, durante os que mantivo unha labor musical ininterrompida e máis de 70 traballos discográficos.