O corpo fantasma / Seminario de artes do movemento con Javier Martín

DO 3 ao 5 de novembro o bailarín e coreógrafo Javier Martín dará un seminario de artes do movemento.

HORARIO: DE 20:30 a 22:30 horas
Nº PRAZAS: 20

QUORUM MÍNIMO: 8

DIRIXIDO A: Todos aqueles que teñan intención de dedicarse á arte en calquera das súas vertentes ou de desenvolver a súa creatividade dun xeito máis amplo (maiores de 16 anos).

O Corpo Fantasma’ é un seminario no que interesa descubrir e optimizar ferramentas perceptivas, simbólicas e políticas que potencian os procesos creativos de cada un, achegándonos ao corpo e ás artes do movemento dende un sen fin de ópticas –anatómicas, poéticas, místicas, sociais, folclóricas e de vangarda, psicolóxicas …- poñendo a proba as crenzas de todos e conectándonos co orixinal que hai en nós.

Para plantexar dúbidas ou demandar máis información podes escribir un mail a Javier Martín: javiermartin.derviche@gmail.comf