VOADORA INICIA NO TEATRO COLÓN A SÚA RESIDENCIA TÉCNICA ARTÍSTICA DE “SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN”

A compañía presentou hoxe en rolda de prensa a súa Residencia Técnica Artística no Teatro Colón, que será a primeira residencia compartida -neste caso co Pazo da Cultura de Narón- en toda a provincia.

As mañás do Teatro Colón son estes días moito máis activas do habitual: a compañía Voadora comezaba a pasada semana a súa Residencia Técnica Artística e o trasfego de actores, escenografías e música enche de vida esa parte do teatro que de cotío non se ve.

Esta Residencia, combinada co Pazo da Cultura de Narón, servirá para dar forma ao novo espectáculo da compañía, “Soño dunha Noite de Verán”.

A aposta do Teatro Colón polas Residencias Técnicas Artísticas ven de lonxe. Compañías como Artestudio ou Caramuxo, e artistas como Enrique Peón ou Javier Martín forman xa parte das Residencias Técnicas e Artísticas promovidas polo teatro, coas que a entidade busca fortalecer o tecido creativo e social e tender pontes e sinerxías colaborativas entre todos os actores que forman parte dunha creación artística. Deste xeito, o Teatro Colón por a disposición das compañías que participan neste proxecto toda a súa dimensión, non soamente espacial, senón tamén humana: equipos de técnicos, de salas, de comunicación e produción… todo o teatro, a parte del que respira e sinte, colabora coa compañía para permitir que o proxecto creza e se expanda.

Nesta ocasión estas sinerxías son maiores aínda, ao tratarse da primeira Residencia Técnica Combinada con outra entidade, o Pazo da Cultura de Narón, na que será a primeira residencia combinada entre dous teatro públicos na provincia. Así, ao remate da súa residencia no Teatro Colón, Voadora desenrolará unha semana máis de traballo no Pazo da Cultura de Narón, para proceder á estrea de “Soño dunha noite de verán” o vindeiro 11 de febreiro neste espazo. Pola súa parte, o Teatro Colón acollerá o días 2 e 3 de febreiro a obra “Calypso”, que chega a Galicia despois de triunfar por teatro de toda España -aínda que case sen representacións polo de agora en Galicia- e ser seleccionada como unha das mellores obras do panorama independente no pasado 2015.

 

web rueda de prensa voadora soño dunha noite de verán

Á rolda de prensa asistiu Marta Pazos, directora de Voadora, quen explicaba así a importancia da residencia “para nos como compañía é imprescindible que os teatro nos permitan habitalos, traballar dentro deles, porque iso supón para nos a posibilidade de desenrolar un proxecto dende o seu verme, paseniñamente, e na contorna que debe facerse. E, neste caso, contar con dous teatro tran importantes como o Teatro Colón e o Pazo da Cultura de Narón, é todavía mellor”.

Pola súa banda Marián Ferreiro, Concelleira de Cultura do Concello de Narón, deixaba clara a aposta do Pazo da Cultura por este tipo de proxectos “levamos 20 anos apostando polas residencias técnicas artísticas e temos claro que esta é a liña que queremos manter, e esta colaboración co Teatro Colón ven a culminar unha liña de traballo conxunta entre os dous teatros que está dando fantásticos resultados”.

No acto de presentación estivo tamén presente Roberto Pascual, da MIT de Ribadavia, un dos patrocinadores do proxecto “Soño dunha noite de verán”, quen falaba así da compañía “para nos é un pracer poder apostar por compañías como Voadora, innovadoras e rompedoras, capaces de artellar discursos tan potentes e traballar en proxectos tan completos”.

A rolda de prensa foi pechada por Goretti Sanmartín, Vicepresidenta da Deputación da Coruña e Deputada de Normalización Lingüística e Cultura, quen se mostraba encantada coa posibilidade de que proxectos como este poidan dar pasos fora das grandes urbes “ás veces parece que soamente podemos ver determinadas montaxes nas grandes cidades. Que accións coma esta permitan que obras da entidade de “Soño dunha noite de verán” cheguen a poboacións como Narón, Rianxo, Noia ou Oleiros, con tan boa e variada programación teatral, é algo estupendo”.