GIL DO CARMO, presentación do seu novo disco ‘A Uma Voz’

EVENTO PATROCINADO POR   Gil do Carmo, fillo e neto de fadistas medra no seo dunha familia onde a música impregna a identidade, pero cedo traza o seu propio camiño, conxugando tradición con abordaxes menos convencionais e creando un sentido estético singular e persoal. Aos 19 anos parte para os Estados Unidos onde estuda nas…

IVO POGORELICH [CICLO DE GRANDES INTÉRPRETES]

Ivo Pogorelich naceu en Belgrado en 1958. Aos sete anos recibiu a súa primeira clase de piano e con doce anos trasladouse a Moscova para estudar piano na Escola Central de Música e posteriormente no Conservatorio Tchaikovsky. En 1976 iniciou estudos intensivos coa célebre pianista e profesora Aliza Kezeradze, coa que se casou en 1980…

EN VIVO, con Rosa Benito, Rosario Mohedano e Carlos Vargas

‘En vivo’ é un espectáculo defendido por Rosa Benito, Rosario Mohedano e Carlos Vargas, acompañados por Fidel Cordero, como director musical e ao piano. Cordera acompañará ao piano aos artistas, que interpretarán cancións de sempre como ‘Que bonita que es mi niña’, ‘Rocío’, ‘El Emigrante’, ‘La gata bajo la lluvia’, ‘Volver’ ou ‘Si amanece’, entre…

MOCEDADES, Concerto 45º Aniversario

A historia de Mocedades comezou a finais dos anos sesenta en Bilbao. Despois do fenomenal triunfo internacional que obtivo con ‘Eres Tú’, Mocedades seguía éxito tras éxito a través dos anos setenta e oitenta. A impresionante historia deste mítico grupo continúa hoxe con actuacións en directo e un novo disco. Na actualidade Mocedades está inmerso…

FINXINDO PERVERSIDADE, Estudio de Teatro Casahamlet

Os alumnos do Estudio de Teatro Casahamlet fan un percorrido por distintas secuencias do teatro universal. Unha antoloxía de textos: escenas, monólogos, personaxes … van desfilando ante o publico dun xeito desenfadado e sinxelo. Dende Shakespeare ate Lorca; de Benedetti, a T. Bernard; de Cunqueiro a M. Lourenzo ou B. Brecht … Recollen neste espectáculo…

AMANCIO PRADA CANTA A ROSALÍA DE CASTRO [ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS]

Amancio Prada celebra cun recital os corenta anos de ‘Rosalía de Castro’, un disco esencial da música galega. En 2015 cúmprense 40 anos da edición do disco monográfico ‘Rosalía de Castro’ (movieplay, 1975). Era o meu segundo disco. O primeiro, ‘Vida e Morte’, editado un ano antes en París (La Boîte à Musique, 1974) tiña…

HISTORY OF ROCK

THE HISTORY OF ROCK é un espectáculo impactante e atronador que abarca dende as súas orixes no rock and roll durante a década dos 50, ata os nosos días. As máis grandes cancións do ROCK de todos os tempos interpretadas por un elenco de extraordinarias e poderosas voces de primeiro nivel que, acompañadas por unha…

PICAPICA, Bailando

‘Bailando’ é o novo espectáculo de teatro lúdico e interactivo de Los PICAPICA. Xa podes gozar con Nacho Bombín, Emi Bombón e Belén Pelo de Oro das súas aventuras para nenos e grandes. Estes actores formaron parte do elenco principal de CANTAJUEGO e son recoñecidos por toda a familia. En ‘Bailando’ descubrirás e aprenderás todos…

II GALA SIENTE CORUÑA, Zona Comercial Obelisco

Seguindo coa liña de apoio ao comercio local o Teatro Colón volve acoller a II Gala Siente Coruña organizada pola Zona Comercial Obelisco, unha colaboración coa que seguir traballando no noso entorno socieconómico máis inmediato. Tras o éxito da primeira edición volve esta II Gala con máis moda, baile e música en directo para gozar…

CONCERTO 20º ANIVERSARIO DA OCGa

A Orquestra de Cámara Galega presenta a gala de celebración dos 20 anos da súa fundación. Para unha efeméride tan especial, a OCGa deseñou un variado programa con obras tan emblemáticas como as “Catro Estacións” de Vidaldi e unha segunda parte con obras do compositor galego Rogelio Groba, referente na actividade artística da orquestra nestes…

POKER DE VOCES

Que ocorre cando catro grandes voces do musical en España se xuntan para un espectáculo? A resposta: Póker de Voces. Catro Voces, Catro Personalidades, Catro Artistas consagrados que unen o seu talento para un concerto diferente. Un repertorio que demostra por que foron protagonistas das máis importantes producións de teatro musical dos últimos anos en…

CAFÉ QUIJANO, El Bolero vol. 3

1- Apartáronse hai dez anos da música. Fixérono cun último disco que foi número un en ventas. Era puro rock! Aparecen, tras ese longo paréntese, cun xénero totalmente oposto ao da súa anterior etapa, Boleros!. Novo número 1 en ventas, nove anos despois! 2- No mes de xaneiro de 2013, oito semanas despois do seu…