Teatro

KAFKA ENAMORADO, CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL

UNHA PRODUCIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL   

logocdn

O QUE A CRÍTICA DIXO:

Luis Araújo orquestrou con soberbia destreza este material, recreando nunha vertixinosa hora o pulso entre o amor e o choque da lendaria parella, o frustrado intento de impoñer as contrapostas ilusións do un cara o outro, os recursos solapados de dominio mutuo, o desencontro e a cegueira última do un respecto ao outro. Un texto de ritmo implacable, ao que o director de escena José Pascual –xa logrou recentemente algo similar con La anarquista, de David Mamet- imprime un dinamismo cuxa velocidade non cae na precipitación, xa que a súa dirección de acores evita calquera automatismo e fai que os personaxes escoiten verdadeiramente en escena …

EL IMPARCIAL

‘… apresado por Luis Araújo como un tapón de cortiza aínda perfumado de champaña, é netamente chejoviano. Penso tamén no final da función, tan redondo e misterioso como a do conto de Carver…’

Marcos Ordoñez. EL PAIS

‘… Kafka enamorado é unha desgarrada reflexión sobre a soidade do artista que vive sometido ao cilicio da páxina en branco. “Cando Deus che dá un don, tamén che da un látego”, como ben sabía Truman Capote…’.

Clara Boluda. AVUELAPLUMA.COM

‘… grazas á tersura e sensibilidade do texto de Araújo, que se deixa dicir polos actores case coa musicalidade do verso…’.

David Ladra. ARTEZBLAI.COM

DOSSIER

Prezo: ANTES 13/11/2015: 9€ (VR)/12€. A PARTIR DE 14/11/2015; 12€ (VR)/15€
Duración: 70 minutos

Calificación: + 14

DATAS E HORARIOS

  • Venres, 20 de Novembro de 2015 | 20:30
  • Sábado, 21 de Novembro de 2015 | 20:30

SINOPSE

A pesar de que a obra de Kafka é amplamente lida e coñecida e de que se fixeron numerosas adaptacións ao teatro, especialmente dos seus textos narrativos, a súa vida, a persoa de Franz Kafka, é moi pouco coñecida polo público en xeral.

Kafka Enamorado presenta unha historia real e complexa que rematou de forma dramática ante a imposibilidade de realización do amor que sentían Franz Kafka e Felice Bauer. Felice, unha muller moi moderna na súa época, directiva dunha firma comercial de Berlín, en continua viaxe de negocios, económicamente independente, coñeceu a Franz na casa de Max Brod, amigo común que daría a coñecer a Kafka ao mundo. Franz, baixo a influencia traumática da autoridade paterna e incapaz de liberarse do influxo familiar e do seu traballo de funcionario, buscaba desentrañar os enigmas da existencia humana a través da escritura literaria. E a pesar de que ambos estaban de verdade namorados, a súa relación converteuse nun constante malentendido no que, insatisfeitos ambos, fixéronse sufrir ata abandonar os seus plans de matrimonio tras tres sucesivos compromisos e rupturas. Kafka chegou á conclusión de que unha vida matrimonial, burguesa, familiar e ordenada era incompatible co seu anhelo artístico, e acabou sacrificándoa –sacrificándose el mesmo- para legarnos a súa obra, ese monumento literario que inaugura a modernidade e define de modo exhaustivo a sensibilidade existencial do home contemporáneo.

Hoxe, cando todo produto artístico é un ben de consumo, unha mercancía de compraventa, o traballo deste autor é un aldabonazo que, tal como el pretendía, ‘abre extensas feridas na nosa conciencia’. Kafka enamorado intenta traer a escena a imbricación da súa experiencia persoal e a súa obra, o correlato constante dunha na outra, ese espazo intermedio entre realidade e ficción, absurdo e lóxica, que é a verdade do mundo percibida e expresada por Franz Kafka.

LUIS ARAÚJO



FICHA ARTÍSTICA

AUTOR: LUIS ARAÚJO. DIRECCIÓN: JOSÉ PASCUAL. REPARTO: BEATRIZ ARGÜELLO, FERNANDO CORONADO, CHEMA RUIZ. ESCENOGRAFÍA: ALICIA BLAS BRUNEL. ILUMINACIÓN: PILAR VELASCO. VESTIARIO: ROSA GARCÍA ANDÚJAR. MÚSICA: LUIS DELGADO. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: JUANA CASADO. PRODUCIÓN: CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL. PRODUCIÓN EN XIRA: COART+E. DISTRIBUCIÓN: MARA BONILLA.

IDIOMA: CASTELÁN