Con Pablo Diago Busto al piano. Bajo la batuta de Rogelio Groba Otero.

Con Eduardo Sáenz De Cabezón. As matemáticas poden axudarnos a entender o noso comportamento colectivo, tamén en redes sociais. A estrutura das redes e os algoritmos que regulan a información que recibimos e enviamos fan que ás veces se dean fenómenos inesperados, non sempre positivos. Coñecelos pode axudarnos a ter unha mellor experiencia de…

Sesión especial sobre hacks reais a obxectos que nunca deberon estar conectados: xoguetes de nenos, xoguetes de adultos, coches, casas… persoas? Usar bluetooth barato, IoT cutre e malas decisións técnicas sempre acaba en situacións moi incómodas. En resumo: risas, horror e algunha que outra lección sobre ciberseguridade e por que hai límites que a…

O cirurxián español Diego González Rivas loita contra o cancro de pulmón e outras patoloxías en hospitais do mundo enteiro. A súa revolucionaria técnica UNIPORTAL permite operar dentro da cavidade torácica a través dunha pequena incisión intercostal ou subxifoidea usando cirurxía toracóscopica (UNIPORTAL VATS) ou cirurxía robótica (UNIPORTAL RATS).

Divulgadores de primeiro nivel achegarannos á Ciencia a través de charlas curtas e inspiradoras. Contaremos co profesor e divulgador Xacobo de Toro (XeoClip e Meteoxenios), o físico e divulgador Dosi Veiga (Ceos Galegos), a veterinaria e divulgadora Eva Cabanelas (Ciencia Calidade, Xuvenciencia e Xuvenlab), a experta en IA Alba Meijide, e a directora do…

Elemental (Piano-bar periódico) é unha obra de pequeno formato interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. Neste pequeno cabaré portátil mestúrase a música do piano con stand-up comedy, teatro e cancións para contar as historias agochadas detrás dos actuais 118 elementos da Táboa Periódica. Elemental achéganos…

Unha máquina de Rube Goldberg, esa que desencadea asombrosos e divertidos efectos dominó, será montada sobre o escenario aos poucos durante o espectáculo. Esta é a trama. Veremos chegar aos enxeñeiros cos tubos que conteñen os planos da máquina. Cando os vexades voar ou moverse compasados, pensade que o segredo está na física. Soben…

Ao longo da súa historia, a humanidade mantivo unha continua curiosidade en pescudar se o noso mundo é determinista ou o simple resultado do azar. No transcurso desta procura xurdiu a teoría do caos para explicar fenómenos incriblemente complexos, pero modelizables. Nesta conferencia-recital, a pianista e matemática Laura Farré Rozada detalla as múltiples facetas…