Colón Cinema | Contos da lúa pálida

  Contos da lúa pálida ((Ugetsu monogatari, Kenji Mizoguchi, 1953). Baseándose en varios relatos de carácter fantástico do século XVIII, Kenji Mizoguchi constrúe unha obra maxistral sobre dous irmáns que buscan gloria e riqueza. Pouco a pouco, o sobrenatural invade a realidade e as aspiracións dos protagonistas escachan en mil anacos, mentres o cineasta déixanos…

Colón Cinema | O espello

  A obra máis fermosa e enigmática de Andrei Tarkovski é un caleidoscopio sobre as etapas dunha vida humana, unha elexía sobre lembranzas familiares, sensacións, emocións e soños, e un relato fragmentado sobre a arte, o amor e a culpa. As extraordinarias imaxes de O espello (Zerkalo, Andrei Tarkovski, 1975) evocan con nostalxia os alustros…

Macy Gray | The Trouble With The Truth Tour

  Macy Gray é unha das artistas máis influentes do soul e o R&B das últimas décadas. Gañadora dun Premio GRAMMY® polo seu himno I Try, foi nomeada en cinco ocasións aos GRAMMY®, ademais de recibir dous premios BRIT, consolidando unha traxectoria recoñecida internacionalmente tanto pola crítica como polo público. Con máis de 25 millóns…

Colón Cinema | O verdugo

  O gran Rafael Azcona asina a trama dun pobre home que, obrigado polas circunstancias, herda o oficio do seu sogro —Pepe Isbert, encarnando un verdugo do franquismo—. Overdugo (Luis García Berlanga, 1963) é a mellor película de Luis García Berlanga e unha obra clave da nosa cinematografía que, baixo o disfrace da comedia, agocha…

Colón Cinema | Mulholland Drive

  Catalogada en varias listas como a mellor película do século XXI, a obra mestra de David Lynch é un prodixio onírico que se mira no Vertigo de Hitchcock para crear unha trama labiríntica na que as personalidades se desdobran, as preguntas duplican as respostas e o soño dunha actriz en Hollywood se converte en…

I Gala Manuel Lourenzo do Teatro Amador

Gala de entrega dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo, que nacen para celebrar o talento do teatro afeccionado en Galicia. Con estes galardóns, a Federación de Teatro Afeccionado de Galicia busca premiar a calidade artística e técnica das creacións locais, impulsando ao mesmo tempo o uso do galego e a creatividade social a través das…

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Axúdame a sentir dicíame Obdulia con frecuencia, a miña avoa materna. Foi unha de tantas catedráticas sen título nesa célebre universidade da vida. Nada hai máis necesario que sentir e tampouco hai momento máis acaído para perseguir ese verbo que os tempos nos que vivimos: as humanidades esvaécense ao tempo que medra o binomio virtual-máquina….

¿Quieres pecar conmigo?

Unha comedia trepidante chea de humor e risas ao máis puro estilo Top Secret. Paz e Mónica, dúas mulleres solteiras desempregadas de trinta anos que comparten piso, teñen un gran problema: viven a vida ao máximo e non poden chegar a fin de mes. Para cadrar as contas, traman un plan que as levará a…

Viñetas Show | Maratón de pódcast: El Nicho Ilustrado

  Pódcast de variedades presentado polo actor David Perdomo, no que se mestura a fragrancia dos perfumes coa das viñetas. O espazo contará coa participación de varios convidados e convidadas do festival.