SEMUA III Semana das Músicas no Audiovisual

Ciclo Cinema Experience Concerto en Familia Interpretado pola Banda de Música Municipal de A Coruña A SEMUA, Semana das Músicas do Audiovisual, é un festival singular que, baixo a dirección artística do compositor Nani García, dá protagonismo ás músicas para cinema, televisión e outros medios audiovisuais, difundindo as mellores composicións en cada xénero. Esta terceira…

Pep Bou Experiènces

Ciclo Nadal no Colón O novo espectáculo do recoñecido artista mundial Pep Bou e o seu fascinante universo formado por pompas de xabón. O espectáculo, estruturado con toques antolóxicos, é unha impresionante mostra dos procesos constantes de investigación do creador/alquimista no seu laboratorio. Trátase dunha síntese inédita dunha linguaxe audiovisual e teatral que fascinou públicos…

Don Xoán no inferno

Especial Día de Defuntos Catrocentos anos separan a aparición do primeiro Don Juan de Tirso de Molina dos nosos días. Ao longo de todo este tempo, a maior necesidade de dar un xiro brusco a esta figura xéstase nos últimos anos nos que a sensibilidade xerada desde a repulsión que produce na nosa sociedade o…

Contos na lareira

Ciclo Nadal no Colón María da Pontraha Celso Fernández Paula Carballeira A tradición oral galega levada os teatros e grandes espazos escénicos. Un show cheo de historias, lendas, contos e moito humor. Un espectáculo que levará o público a eses tempos nos que a lareira era a televisión, o internet e o punto de encontro…

Chicago Mass Choir

Ciclo Nadal no Colón Presenta Connecting Souls. Premio Stellar Award Mellor Coro de Gospel Tradicional 2107. The Chicago Mass Choir, fundado en 1988 por James C. Chambers, emocionou audiencias de todo o mundo coa beleza das súas voces, a contaxiosa enerxía do seu ritmo e as súas conmovedores cancións de esperanza. Polo menos 16 das…

Sandra Calderón presenta Desde el Alma

Ciclo Estreas Desde el Alma é o primeiro traballo discográfico da artista coruñesa Sandra Calderón que, dende o alma, ofrecerá un espectáculo flamenco que dialogará coa danza nas súas distintas expresións. Trátase dun encontro cultural no que quedará patente o esforzo da artista a través das súas colaboracións con fundacións contra o racismo e a…

A maxia de Jorge Blass

Ciclo En Familia Jorge Blass presenta novas e sorprendentes ilusións. Efectos imposibles e visualmente espectaculares, aparicións e desaparicións, levitacións imposibles, maxia interactiva na que o público é o protagonista. Todo nun halo de misterios e dunha estética coidada que nos fará soñar co imposible. Segundo a estrela americana da maxia David Coperfield “Jorge Blass eleva…

Gala Torrente Ballester – Palabra e Música

Vinculado ao premio Torrente Ballester de narrativa, desenvolverase un acto musical e audiovisual, con proxección dun vídeo centrado na vida e obra do escritor e coa actuación posterior do Coro da Universidade Sénior de Ferrol. O acto terá dúas partes. Na primeira, a palabra a porá Torrente Ballester cun ameno vídeo de 20 minutos, no…

Atlantic Pride

‘Atlantic Pride’ quere ser unha gran celebración LGTBI do norte da península onde se una o activismo, a educación, a historia, a cultura e o lecer en prol da visibilidade e a normalización deste colectivo. Nesta primeira edición consistirá nun concerto moi especial e festivo para todas as xentes da Coruña no que participarán La…

Fanzine Fest: Byetone, Sonic Robots e Douglas Dare

Ciclo De Festivais A música electrónica se viste de teatro. O Fanzine Fest 2018 marca o décimo aniversario do proxecto Fanzine e para iso damos un paso adiante, creando unha experiencia multidisciplinar de vangarda audiovisual que busca a experiencia única do universo sensorial nun marco de elegancia. O Teatro Colón convírtese nun espazo de reverencia…

Arnoia Arnoia: O Circo da Casa Pequena

Recomendado para maiores de 16 anos Pistacatro Productora de Soños en coprodución co CDG. Un espectáculo de teatro-circo que dirixirá Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor. Pistacatro prepárase, en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), para o que será o seu novo proxecto Arnoia Arnoia: o Circo…

Mulleres enredadas. Coplas e alalás

Especial contra a violencia de xénero Con Carmen París, Martirio, Uxía e Ugia Pedreira. Este espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro; estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que revisitan a copla, a jota ou os alalás. Catro mulleres que reinventaron e revolucionaron estes xéneros e lles…