Cunha decidida aposta por contar historias universais dende pequenos microcosmos, esta nova aventura dos creadores de Qfwfq, Miguel Hernández, Romeo, Cyrano, Calisto e tantos outros, céntrase no intenso e extremo universo interpersoal elaborado ao longo dun prolongado secuestro. Como superar o medo, a inactividade, o encerro, o aburrimento, a falta absoluta de información, as diferenzas…












