2ª Xornada de portas abertas. Clausura da Residencia de Investigación de Javier Martín

[ENTRADA LIBRE E DE BALDE]

18:00h ‘Entre la gravedad y la gracia. Sobre las marionetas, loshombres y Kleist’. Conferencia por Alberto Ruiz de Samaniego, escritor, crítico cultural e comisario.

Profesor titular de Estética e Teoría das Artes na Universidade de Vigo. Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid. Director da Fundación Luis Seoane de A Coruña entre 2008 e 2011. Crítico cultural e comisario de exposicións. Premio Espais á crítica de arte. Comisario do Pavillon Español da 52 Edición da Bienal de Arte de Venecia. Publicou, entre outros, os libros: Maurice Blanchot: una estética de lo neutro (1999), Semillas del tiempo (1999), La inflexión posmoderna: los márgenes de la modernidad (2004), James Casebere (2005), Belleza de otro mundo. Apuntes sobre algunas poéticas del inmovilismo (2005), Paisaje fotográfico. Entre Dios y la fotografía (2007), Ser y no ser. Figuras en el dominio de lo espectral (2014), Las horas bellas. Escritos sobre cine (2015), Negro teatro de Jorge Molder (2015). Comisariou exposicións dos artists Antón Lamazares, Luis Seoane, Xesús Vázquez, Jorge Molder, Chema de Luelmo e Manuel Vilariño, así como diversas colectivas de arte contemporánea e as mostras Georges Perec: Tentativa de inventario; Atlantikwall. Arquitecturas bélicas en las playas del oeste; Andrei Tarkovski: fidelidad a una obsesión; La escultura en Fritz Lang; unterwegs: al paso de Walter Benjamin, Cabañas para pensar.

19:30h “Los Arteandantes. Intento postmoderno de conquistar la plaza pública”. Conferencia por Ana Cabo, especialista en danza.

Ana Cabo é Licenciada en Filosofía, Universidade Autónoma de Madrid (1992, Master en Xestión Cultural, Instituto de Ciencias Musicais Universidade Complutense de Madrid (1994) e Titulada Superior en Danza Clásica, Real Conservatorio Superior de Danza de Madrid. É membro do Consello Nacional das Artes e directora de proxectos de Elephant in The Black Box, proxecto integral para a creación, formación profesional e produción coreográfica xunto a Jean Philippe Dury.
Dirixiu durante 12 anos o Festival Internacional Madrid en Danza e a Ventana de la Danza madrileña, plataforma para a promoción e difusión da creación coreográfica. Como profesora invitada ha impartido cursos e clases magistrales para a Universidade Europea de Madrid, Master en Xestión Cultural ICCMU, ou RBA-Universidade de Salamanca. participou en British Dance Platform (Leeds, Birmingham), TanzMesse (Dusserdorlf), Internacional Dance Festival Hamburgo, Biennal da Danse de Lyon, Festival de Uzes, Holland Dance Festival, Fundación Jeronimus Bosch 16, Air Dance Festival Tokio, MIRA Toulouse, Koupio Dance Festival (Finlandia), Compañía Overtigo (Canadá- Quebec), Suzanne Dellal Center(Tel Aviv), Scene National (Francia), Performing Arts Meetings en Rotterdam, Amsterdam,.
Presidiu a Asociación de profesionais da Danza e a Asociación Cultural Pola Danza, así como pertenceu á Federación Internacional de Artista (FIA) representando a España.

20:30h Presentación e proxección de ‘Kiasma’, curtametraxe experimental que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín. Unha proposta do arquitecto e fotógrafo Tono Mejuto, integrante do grupo de investigación articulado dende a residencia no Teatro Colón, con Iria Ares e Miguel Mariño. Co apoio da Agadic (Subvencións á creación para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego).

‘Kiasma’ é unha peza entre documental e experimental que indaga no cruce entre as artes vivas e as artes visuais, a través do proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín, ao tempo que explora as posibilidades dunha creación cinematográfica colectiva nun ámbito de investigación das artes do movemento. A proposta, que xorde do encontro entre integrantes da residencia de investigación de Javier Martín no Teatro Colón, procura establecer unha conexión conceptual e formal directa co xeito de traballo e as texturas de movemento do coreógrafo. Rodada en celuloide branco y negro de 16mm, e sendo despois proxectada en estéreo a través d dúas canles polarizadas, o filme disocia o corpo do intérprete en dous, un por cada ollo e hemisferio, nun traballo de sincronía e choque entre eses dous corpos ou ideais simbólicos. A proposta pretende transformar así os valores tradicionais da relación corpo-imaxe no cine, tanto a través da proposta filmada como a través do seu formato de exhibición e a súa interpelación directa aos corpos dos espectadores.


DATAS E HORARIOS

  • Xoves, 22 de Setembro de 2016 | 18:00