Música

Ismael Serrano

Ismael Serrano volve con Todavía, unha xira en acústico (guitarra e voz) que leva o nome do seu último editado en novembro de 2018.

Tralo exito da xira Hoy es siempre, coa que celebrou os seus 20 anos de carreira colgando o cartel de SOLD OUT en varias ocasións, o cantautor madrileño presenta este proxecto.

Guitarra ao hombre, nun formato moi íntimo e cunha coidadísima escenografía, Ismael Serrano leva recorrido toda España e gran parte de América Latina, presentándose nos teatros máis representativos de varias cidades.

Gravado en directo na localidade de Tigre (Provincia de Buenos Aires, Argentina) e coa presenza dun reducido grupo de amigos do artista, Ismael Serrano recopila neste disco versións dos seus temas de sempre e un tema inédito.

Segundo as palabras de Ismael Serrano:

…Despois de editar Hoy es siempre, un concerto cunha gran banda e cunha gran posta en escena, necesitaba volver á raíz. Nunca tivera a oportunidade de gravar un recital guitarra e voz, a esencia do oficio, o xeito máis honesto de defender as cancións, a máis difícil.

Convoquei a algúns amigos nunca casa preto de Tigre, provincia de Buenos Aires, xunto ao delta do Paraná. A idea era compartir unha guitarreada na que facer repaso desas cancións que non sempre están no meu repertorio, pero que son retazos de min que aínda teñen vixencia, dos que me costa desprenderme, aínda que non sempre lles deamos o espazo que merece nos concertos.

E así pasou o día. Sonará de fondo, no disco, o ruido de zorzales, tordos, benteveos e outros paxaros que, pola tarde, vixiaban entre a arboleda. Ao chegar á noite as aves calarán, pero detras das melodías poderás escoitar o vento mecendo as copas, algunha choiva tímida caendo sobre o tellado de chapa, o rumor último do día que acaba.

O disco contén unha canción inédita que se titula Crucé un océano. Comeza así:

“Crucei un océano buscando unha canción,
unha palabra que iluminara o oco que deixaches”.

Gracias, todavía, por ser sempre…