Música

Paco Ibáñez celebra os 50 años do Olympia

SELECCIÓN NOROESTE

Paco Ibáñez, convertido en lenda viva e punto de referencia para varias xeracións, ofrécenos unha viaxxe a través das cancións daquel momento histórico de 1969 e enlazaráas coas súas novas composicións. Grandes músicos que o acompañan con sensibilidade recrearán algúns dos seus temas.

As súas cancións transportarannos a un espazo de amor e liberdade, un espazo de resistencia ante a inxustiza, a violencia a o horror, un espazo que reivindica o humanismo fronte á barbarie do século XXI.

A súa voz e as súas cancións acompañaron a unha xeración reivindicativa que as converteu en himnos que a través do tempo seguen soando cada que xorde un clamor pola liberdade.

Paco Ibáñez simboliza a miles e miles de vidas, as de tódalas xeracións que loitaron e as que seguen loitando e que o deron todo, que todo o sacrificaron polas súas ideas, as súas cancións renden homenaxe ao seu paso pola historia. Á súa dignidade.

Con motivo desta celebración reedítase o dobre álbum gravado en directo do concerto: Paco Ibáñez en el Olympia. Un álbum emblemático, as súas cancións atravesaron o tempo e para varias xeracións son un símbolo de resistencia ante os poderes dictatoriais.

En decembro de 1969 o público francés e español, que se sente próximo e identificado co artista, enche a sala a rebordar e aclámao polo seu nome. Esta proximidade de Paco co público será unha constante en toda a súa traxectoria.

Paco Ibáñez segue sendo un faro para orientarse nestes tempos de ignominia a escala planetaria. É a razón e é a poesía nun tempo de loucura e de esquecemento da beleza das verbas.

¡Un concerto excepcional e irrepetible!

Prezo: 8€ | 11€ | 14€ | 18€
Duración: 140'


DATAS E HORARIOS

  • Martes, 6 de Agosto de 2019 | 20:30