Coa participación da poeta Yolanda Castaño, da directora da Casa Museo Wenceslao Fernández Flórez, Alicia Longueira, e a Tuna de Veteranos da Coruña.
Asociación Cultural AIS – A procura de ritmo e luz Concerto multimedia creado por persoas con diversas capacidades auditivas. Lámpadas, interruptores e sons corporais serán a base deste espectáculo performativo onde a música contemporánea dialoga coas artes visuais do século XXI. Banda de música DiversidArte da Asociación Poten100mos A Banda de percusión DiversidArte é…
Os e as artistas de rúa da cidade participan nunha gala que pretende facer un recoñecemento a todos e todas esas músicas que poñen banda sonora ao noso día a día sen que moitas veces nos percatemos da súa presenza. Un espectáculo cheo de ritmos diversos que animará a todas as persoas do teatro.
A Banda Municipal da Coruña comeza a súa tempada sinfónica no Teatro Colón cun atractivo cartel no que centra o programa nunha obra icónica do s. XX, El amor brujo. Bruxería e misterio, xitanas que murmuran esconxuros, danzas ao redor do lume. El amor brujo é unha historia de paixón que traspasa a fronteira…
O director portugués Manuel Fernando Marinho dá Costa presenta un programa moi ecléctico con forte influencia portuguesa. Un repertorio totalmente actual para orquestra de ventos no que novos talentos da composición ofrecerán diferentes paisaxísticas musicais de inspiración galega como a Sinfonietta Galaica ou puramente portuguesa como Paisagem Ribatejana, onde a muiñeira e o fado…
Ashkasha Lara Maltz 2022 / España, Arxentina / 6 min / Estrea en Galicia Distribución: Distribution with Glasses / info@distributionwithglasses.com Ashkasha é un ser que se guía pola súa curiosidade, o que a leva a perder a súa cabeza e ser atrapada desde as profundidades. Alí somérxese nunha viaxe de descubrimento. Lara Maltz (Bos Aires,…
Ismael Serrano volve sorprendernos cun novo espectáculo cheo de poesía, no que convida ao público a gozar do privilexio de escoitar, ademais dos seus éxitos de sempre, cancións inéditas. Temas que, sen dúbida, converteranse en novos himnos para lembrar aquel tempo efervescente no que sentimos intensamente vivos e o futuro era noso. Nesta xira (La…
Sisters in the House celebrará os seus 15 anos nos escenarios cun concerto especial e único no Teatro Colón da Coruña o próximo 4 de novembro. O coro contará coa colaboración de artistas como Guadi Galego ou Xurxo Fernandes e bailaríns de Nova Galega de Danza para a ocasión, na que repasará unha selección do…
En Aquí Tou!, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man…