Don Carlo

Primeira vez en Amigos de la Ópera de A Coruña. Versión concerto. Amigo de la Ópera de A Coruña proponse case cada ano estrear algún título que nunca se ofrecese con anterioridade na longa historia xa desta institución, decana entre as españolas e galardoada este ano co Premio de Honor nos galardóns líricos que conceden…

Michael Spyres, o tenor romántico

Tralo extraordinario éxito que obtivo con Ermione na Temporada Lírica coruñesa, en 2015, e que logo ese mesmo ano repetiría en París, Michael Spyres, o único verdadeiro baritenore dos nosos días regresa agora á programación cun concerto no que ofrecerá unha mostra do seu variado repertorio, da máis alta esixencia vocal. Dende Mozart aos grandes…

Don Giovanni

Nova produción de Amigos de la Ópera de A Coruña En 1798 A Coruña converteuse na primeira cidade española en acoller a estrea da que para moitos é a ‘ópera das óperas’, o Don Giovanni de W.A. Mozart. Continuando coas celebracións do 250 aniversario da chegada da ópera a esta cidade, que iniciamos o pasado…

Piotr Beczala

Fiel á súa tradición de presentar en Galiza aos principais cantantes dos nosos días, este ano será o debut dunha das maiores figuras mundiais entre os tenores actuais. Tralos seus recentes éxitos no Metropolitan de Nova Iorque, na Ópera de Viena e no Festival de Bayreuth, onde o seus Lohengrin causou auténtica sensación, Piotr Beczala…

Celso Albelo, Íntimamente

A Programación inaugurarase cun recital do tenor Celso Albelo, Socio Honorífico de Amigos de la Ópera. Considerado por Plácido Domingo como o gran tenor español dos nosos días, Albelo ofrecerá un programa con música latinoamericana, ópera e zarzuela. En 2017, Albelo xa debía ter presentado na Coruña, cun recital, o cedé que gravou en Galicia…

Júlio Resende

Cinderella Cyborg é o novo álbum de Júlio Resende, compositor e pianista portugués coñecido entre outros moitos aspectos por ser o director musical e compositor das músicas do cantante Salvador Sobral. Resende aposta nesta obra conceptual polo lado autoral, como compositor de cancións e como pensador de melodías. Diríamos tamén que como aglutinador de disciplinas….

Paco Ibáñez celebra os 50 años do Olympia

Paco Ibáñez, convertido en lenda viva e punto de referencia para varias xeracións, ofrécenos unha viaxxe a través das cancións daquel momento histórico de 1969 e enlazaráas coas súas novas composicións. Grandes músicos que o acompañan con sensibilidade recrearán algúns dos seus temas. As súas cancións transportarannos a un espazo de amor e liberdade, un…

León Benavente

León Benavente é un grupo indie rock formado en 2012 e que xurdiu da reunión de catro veteráns músicos: Abraham Boba, Eduardo Baos, Luis Rodríguez e César Verdú. Cos seus anteriores discos consolidáronse como banda imprescindible do panorama nacional, destacando sobre todo o seu directo, un dos mellores da escena. O próximo 13 de setembro…

Documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’

O Teatro Colón acollerá a estrea da peza documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’, unha narración cinematográfica que aborda a relación da administración local coa veciñanza nas últimas décadas a través da voz de persoas que traballaron ou que actualmente desenvolven a súa actividade laboral no consistorio. A película, producida pola Concellería de Culturas,…

Maestro Rodrigo

Coprodución da Fundación Vitoria e Joaquín Rodrigo e o Centro Coreográfico Galego. Ballet inspirado na vida e obra do compositor Joaquín Rodrigo cando se cumpren 20 anos do seu falecemento. Neste ballet nárrase a vida dun home que logra superar unha discapacidade física como é a cegueira e triunfar, converténdose nun dos nosos compositores máis…

Coral Polifónica Follas Novas

Como cada ano a Coral Polifónica Follas Novas celebra un concerto extraordinario adicado os socios e socias desta emblemática agrupación. Nesta ocasión tamén se rendirá tributo aos directores e compositores que forman parte da historia de Follas Novas. Director: Fernando V. Arias. Pianista: Anna Mirzoyan.