Colón Cinema | Sen teito nin lei

  A historia dunha muller sen fogar —cunha descomunal Sandrine Bonnaire— convértese, nas mans de Agnès Varda, nun dos retratos femininos máis extraordinarios do cinema. Sen teito nin lei (Sans toit ni loi, Agnès Varda, 1985) é unha road movie sobre o desarraigamento. Ao mesmo tempo, é un arrepiante retrato da inhumanidade da sociedade coas…

Colón Cinema | O sétimo selo

  Ingmar Bergman constrúe nesta película unha das imaxes máis icónicas do cinema mundial: a do cabaleiro que regresa das Cruzadas e desafía a propia Morte nunha partida de xadrez. Mentres, a Europa medieval é devorada pola peste. Este é o escenario apocalíptico que propón o cineasta sueco en O sétimo selo (Det sjunde inseglet,…

Colón Cinema | Tempos modernos

  A alienación do traballo nas fábricas e a maquinaria automática son o eixo central dun dos cumios do slapstick e da comedia en xeral. Tempos modernos (Modern times, Charles Chaplin, 1936), ambientada na época da Gran Depresión estadounidense, mantén toda a súa vixencia en pleno 2026 pola súa crítica á deshumanización e ás tiránicas…

Colón Cinema | Contos da lúa pálida

  Contos da lúa pálida ((Ugetsu monogatari, Kenji Mizoguchi, 1953). Baseándose en varios relatos de carácter fantástico do século XVIII, Kenji Mizoguchi constrúe unha obra maxistral sobre dous irmáns que buscan gloria e riqueza. Pouco a pouco, o sobrenatural invade a realidade e as aspiracións dos protagonistas escachan en mil anacos, mentres o cineasta déixanos…

Colón Cinema | O espello

  A obra máis fermosa e enigmática de Andrei Tarkovski é un caleidoscopio sobre as etapas dunha vida humana, unha elexía sobre lembranzas familiares, sensacións, emocións e soños, e un relato fragmentado sobre a arte, o amor e a culpa. As extraordinarias imaxes de O espello (Zerkalo, Andrei Tarkovski, 1975) evocan con nostalxia os alustros…

Colón Cinema | O verdugo

  O gran Rafael Azcona asina a trama dun pobre home que, obrigado polas circunstancias, herda o oficio do seu sogro —Pepe Isbert, encarnando un verdugo do franquismo—. Overdugo (Luis García Berlanga, 1963) é a mellor película de Luis García Berlanga e unha obra clave da nosa cinematografía que, baixo o disfrace da comedia, agocha…

Colón Cinema | Mulholland Drive

  Catalogada en varias listas como a mellor película do século XXI, a obra mestra de David Lynch é un prodixio onírico que se mira no Vertigo de Hitchcock para crear unha trama labiríntica na que as personalidades se desdobran, as preguntas duplican as respostas e o soño dunha actriz en Hollywood se converte en…

Viñetas Show | Aquí donde estoy

  Filme dirixido en 2025 por Álex Cuéllar e Rafa G. Sánchez, de 62 min de duración. Recolle as entrevistas de María Castro Hernández con Gabriel León, supervivente da batalla do Ebro. O proxecto inclúe a novela gráfica homónima de María Castro Hernández e Tyto Alba. Coloquio posterior con María Castro Hernández e Tyto Alba;…

Preestrea da curtametraxe CORRE

Preestrea oficial da curtametraxe Corre, protagonizada por Lucía Veiga, Sara Miranda e Saamira Ganay. A continuación da proxección, terá lugar unha actuación musical de Belém Tajes (compositora e intérprete da banda sonora), seguida dun coloquio con parte do equipo técnico e artístico da obra. Sinopse: Iria, Amira e a súa filla Alex viven nunha Coruña…

Semana do Cinema Galego | Antes de Nós

  Unha parella, dous momentos. Un baile continuo de separación e reencontro. Dúas historias entrelazadas: 1918. Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. 1929. O matrimonio percorre Bretaña poucos…

Semana do Cinema Galego | San Simón

  Octubre de 1936. El franquismo abre campos de concentración por todo el territorio. Utilizan conventos, fábricas, escuelas, plazas de toros, monasterios… San Simón destaca debido a su insularidad. El régimen convierte el antiguo lazareto en un lugar de muerte en el que los prisioneros sufren la represión rodeados de una belleza avasalladora. Lamas recuerda…