Semana do Cinema Galego: A poeta analfabeta

  Sinopse: A Poeta Analfabeta é unha película documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é…

Semana do Cinema Galego: A virxe roxa

  Sinopse: En 1933 Aurora Rodríguez mata a tiros á súa propia filla Hildegart, mentres esta durmía. A moza, con só 18 anos, era unha das feministas máis destacadas da Segunda República Española. Pero tamén era un produto perfectamente calculado e deseñado pola súa nai para que fose a liberadora da muller. Os planes de…

Semana do Cinema Galego: Dhogs

  Sinopse: Mentres un estraño personaxe atravesa as rúas da cidade ó volante dun vello taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do monte de acontecementos que lle sucederán nas próximas horas. Logo dunha fugaz aventura cun executivo verase inmersa nunha espiral de violencia sen sentido…

Sofía Casanova, a obreira do pensamento

Preestrea de ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’. A chegada de Sofía, Vicente, e as súas fillas a Mera esperta a curiosidade dos veciños sobre tan ilustres visitantes. Vicente dedícase a escribir un estudo sobre Platón e Sofía a superar un estado anímico baixo. O ego desmedido de Vicente é o principal escollo para a…

BMMC: Emocións

  A Song For Japan | Steven Verhelst Danse Folatre (Exuberant Dance) | Claude T.Smith Requiem | David Maslanka Symphonic Dances No 3 – Fiesta | Clifton Williams The Last Letter From Murdoch | Masanori Taruya Director convidado: Juan Lois Diéguez.

BMMC: En clave de igualdade

  Luisa Font | Andrea Picó Pont Marxa del Rei Barbut | Matilde Salvador Cleopatra | Amparo Edo Transformación anímica | Alba Misó Canços de mare | Rafael Talens Femme força | Merche Femenía Poeme du feu | Ida Gotkovsky Directora convidada: Celia Torá.

Orquestra Gaos e Alba Barreiro: O destino

Neste concerto a Orquestra Gaos estará acompañada pola arpista Alba Barreiro, que ofrecerá a obra de Juan Durán Pórtico da Illa de Monteagudo, que é un chamamento á conservación da natureza. Ademais, a Orquestra Gaos interpretará por primeira vez a sinfonía no. 4 de Tchaikovsky na que o compositor ruso trata sobre o desamparo esencial…

Teatro do Noroeste: Gloria Nacional

  Unha fermosa reflexión sobre o lugar que ocupa a creación artística e a cultura na sociedade actual. Uxío Rodas, escultor e pintor, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica “gloria nacional”. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudio, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante….

Xelís de Toro e Alejandro Vargas: Máis Alálá

  Máis Alálá é un proxecto poético sonoro performático inspirado no libro De catro a catro de Manoel Antonio creado polo músico Alejandro Vargas (Cuba/Galicia) e o escritor e performer Xelís de Toro (Galicia/Reino Unido). O título é unha recreación do título do manifesto literario Máis Alá que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro…

Miro Casabella: Hai alguén?

  A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vencellada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia. Dende a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década de 1960, ata a súa participación no grupo DOA e logo regreso en solitario despois duns anos…

BMMC: Sentimentos sonoros

  Festive Overture op. 96 | Dmitri Shostakovich Allerseelen | Richard Strauss Othello | Alfred Reed La Bohème. Symphonic Suite from the Opera | Giacomo Puccini Sinfonía Nobilissima | Robert E. Jager Director convidado: David Llano.