SETE VARAS, UN REFAIXO

Asociación Etnográfica Sete Espadelas Esta mostra “Sete varas, un refaixo” trata de lle devolver o seu lugar ao traxe tradicional galego e de recuperar auténticas xoias do noso patrimonio que precisamos pór en valor. A pasarela amosará máis de 45 traxes, todos eles antigos ou reproducións fidedignas, froito do estudo e investigación da asociación. Poderase…

Músicas Inclusivas e Participativas

Asociación Cultural Tres por Catro Músicas inclusivas e participativas nace da unión da Asociación Cultural Tres por Catro xunto co músico, compositor e Técnico Sociosanitario, Robert Pier. En 2016 presentaron “O poder curativo dos Mantras”, terapia musical enfocada para a diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos mantras que o artista e terapeuta…

VII Festival Arte pola Igualdade 2018

Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña Neste acto, ademais de lembrar a figura da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras -María Victoria Moreno Márquez-, quérese dar a coñecer o traballo de integración que se desenvolve nos centros educativos participantes e demostrar que a discapacidade física e/ou psíquica non é…

MASTERCLASS

Exposición do traballo de John Strasberg, moderada por Mateo Franco, actor e alumno de Strasberg.

Proxección de ACCIDENTALMENTE A PROPÓSITO

Nota: A día 11 de maio de 2018 a empresa organizadora deste evento solicita un cambio de data, en consecuencia este acto pasa do día 22 para o 27 de xullo por motivos técnicos de forza maior. O Teatro Colón e a Deputación da Coruña declinan calquera responsabilidade neste feito e piden desculpas polas molestias…

TALLER PARA ACTORES

“LECCIÓNS MAXISTRAIS DE ACTUACIÓN” John Strasberg, herdeiro da longa tradición teatral da escola realista, chega desde Nova York para impartir un taller para actrices e actores e compartir coa cidade os seus revolucionarios coñecementos sobre o proceso artístico e a súa carreira como actor, escritor, director e mestre de actores. Así como a súa experiencia…

O paseo das esfinxes

Manarte Producións. Un camiño na procura da vida e do mar. Teatro poético, contemporáneo e clásico a un tempo, tanto na concepción do marco escénico, plasticamente dinámico, como no tratamento da personaxe principal, Lisis. A protagonista interpela ás sombras das esfinxes na evocación da infancia perdida, da emoción inocente do primeiro amor e dos desexos…

GALA FIN DE CURSO

Pilates y Danza A academia Pilates y Danza tráenos o seu fin de curso inspirado na música e o baile ao longo da historia dos musicais máis coñecidos de Broadway. Así, ao ritmo do Rei León, Cabaret e Cats entre outros, representaranse actuacións tanto de adultos como infantís de ballet clásico, baile moderno, danza contemporánea…

#camiños

ButacaZero Que significa Galicia no século XXI? Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, dende ButacaZero quixemos reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén doso pasado na nosa vida diaria. Os tópicos galegos represéntannos ou non? Cal é a nosa vida e que ten que ver coa imaxe estereotipada…

SMART

Culturactiva SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción. Desorientadas e sen o seu móbil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen…

Premios Solidarios ONCE Galicia

ONCE Gala de celebración da XI Edición dos Premios Solidarios ONCE Galicia. Estes galardóns teñen como finalidade recoñecer a persoas físicas ou xurídicas que destaquen polo seu labor solidario na súa contorna de influencia, procurando a inclusión social de todos os cidadáns, a normalización, a autonomía persoal e a accesibilidade universal.

“Museo”. Gala Fin de Curso

Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña O Conservatorio de Danza introdúcese no mundo das artes a través da pintura, dando vida a diferentes imaxes plasmadas nos cadros que se poden admirar nunha visita ao “Museo”.