O paseo das esfinxes

Manarte Producións. Un camiño na procura da vida e do mar. Teatro poético, contemporáneo e clásico a un tempo, tanto na concepción do marco escénico, plasticamente dinámico, como no tratamento da personaxe principal, Lisis. A protagonista interpela ás sombras das esfinxes na evocación da infancia perdida, da emoción inocente do primeiro amor e dos desexos…

#camiños

ButacaZero Que significa Galicia no século XXI? Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, dende ButacaZero quixemos reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén doso pasado na nosa vida diaria. Os tópicos galegos represéntannos ou non? Cal é a nosa vida e que ten que ver coa imaxe estereotipada…

SMART

Culturactiva SMART, como un teléfono intelixente pode convertirte nunha idiota é unha comedia sen palabras arredor do mundo das aplicacións móbiles. Tres pallasas enganchadas ao seu smartphone acoden a unha clínica de rehabilitación para superar a súa adicción. Desorientadas e sen o seu móbil, terán que aprender de novo a comunicarse e a vivir sen…

Anacos de brétema no vento

Casahamlet Representación dunha Aula Aberta, unha exposición dos traballos interpretativos realizados polos alumnos do Estudo de Teatro Casahamlet, con motivo do seu XX Aniversario. Unha mostra antolóxica de distintas escenas de diversos autores: Tennessee Williams, Alan Poe, Manuel Lourenzo, A. Cunqueiro, entre outros, que leva por título: Anacos de brétema no vento.

Os Fabulosos Cleaners

Malasombra Producións Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia. O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo….

Os Fabulosos Cleaners

Malasombra Producións Os Fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia. O autor alacantino Luis Beviá, que percorreu medio mundo co seu universo xabonoso (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros) dirixe a parte técnica deste sorprendente espectáculo….

Aguratrat

Máis información: comunicacion.colon@dacoruna.gal Cía. Pérez&Fernández Aguratrat é unha adaptación teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. É unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe…

Aguratrat

Cía. Pérez&Fernández Aguratrat é unha adaptación teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. É unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá…

Estás aí?

Redrum Producións “Estás aí?” é unha fascinante comedia que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento no que habita un personaxe invisible que os fará desesperarse coas súas trasnadas. Mentres están a superar a sorpresa e buscan a forma de convivir co inesperado convidado, un feito casual fará que comecen…

O último dragón

Sarabela Teatro O dragón da nosa peza non é un dragón do común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan…

Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira

Mofa e Befa Logo de vinte e cinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira…

Cranios privilexiados… ou crítica da razón perralleira

Máis información: comunicacion.colon@dacoruna.gal Mofa e Befa Logo de vinte e cinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa…