JULIO SUÁREZ & THE BACKYARDS [XOVES DE MUSICA]

Julio Suárez & The Backyards, que ten como compoñentes, ademais de Julio Suárez (voz e guitarras), a Fran Borrego (guitarras), Anxo Seco (órgano Hammond, pianos e sintetizadores), Andrés Saavedra (baixo) e Guillermo Borrego (batería e percusións), conforman unha banda de rock alternativo de evidentes influencias americanas, cunhas raíces que se poderían remontar a Lynyrd Skynyrd…

PANORAMA KIDS 2

Falar de PANORAMA é falar do fenómeno musical dos últimos anos, unha formación que cos seus espectáculos estivais, revolucionaron o panorama musical nas noites de verán. Forzados polos tempos, a formación realiza as súas actuacións nuns horarios pouco apropiados para o público máis novo, ese é o motivo fundamental polo que xorde a idea dun…

LOS ÁRBOLES en concerto [XOVES DE MÚSICA]

Los Árboles son un grupo de pop-rock orixinario de Galicia que comezou a xestarse a finais de 2010. Neste tempo, ademais de publicar dous traballos, estiveron tocando practicamente sen interrupción e grazas a isto conseguiron que cada vez que se soben a un escenario o público poida gozar dun directo compacto e sen fisuras. En…

NÉSTOR PARDO en concerto [XOVES DE MÚSICA]

Néstor Pardo forma a súa primeira banda en 2004 con só dezanove anos. Lidéraa como cantante, guitarrista e compositor ata 2009. Formación de corte Rock-a-billy, editan 2 álbums e levan o seu show por España e Europa, sendo cabezas de cartel en varios festivais en Holanda ou Alemaña. O carisma de Néstor sobre o escenario…

ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, ‘Ángeles y Demonios’

Concerto promovido polo Ilustre Colegio de Abogados de A Coruña en beneficio da Cocina Económica Artista invitada: Alena Baeva, violín A OCGA culmina o seu 20º aniversario cun concerto cheo de sorpresas no día no que se conxuran todos os espíritos, anxos e demos. Contará coa participación da virtuosa violinista rusa Alena Baeva quen interpretará…

MARCOS MELÉNDREZ BOLERO ATLÁNTICO en concerto [XOVES DE MÚSICA]

MIRANDO AL MAR é un CD de boleros chegados ata aquí dende a outra beira do Atlántico, arrastrados polas súas correntes, interpretados ao gusto das sereas. Temas que falan de amor e desamor, de paixóns que aboian ou afunden entre augas turbulentas, de travesías para corazóns destemidos, afeitos ao sabor do salitre. Un CD gravado…

LA ESCUELA DE LOS VICIOS, Morfeo Teatro

Morfeo Teatro é unha compañía española con residencia en Burgos, especializada en teatro clásico, con presenza en festivais internacionais en diversos países, que realiza un intenso traballo de investigación, e que dende hai anos recibe unha cálida acollida pola súa singularidade. Na súa filosofía está o afán de adaptar ou rescatar pezas pouco habituais no…

AMIGOS ATA A MORTE, con Xosé A. Touriñán, Ledicia Sola e David Amor

AMIGOS estreouse en xaneiro de 2009 en Madrid, protagonizada por Jorge Sanz, Melanie Olivares e Javier Veiga. Dende entón, centos de representacións avalan unha obra pola que tamén pasaron actores da talla de Marta Hazas ou Fele Martínez (2011). No 2012 foi traducida ao euskera baixo o título de Hil Arte Bizi, e percorreu Euskadi…

TAN PERFECTO NO TE QUIERO [IV MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]

Un ano máis volve ao Teatro Colón a Mostra de Teatro Afeccionado, unha iniciativa coa que queremos apoiar o teatro non profesional e servir de plataforma de difusión para dar a coñecer o traballo destes grupos, que son parte fundamental do sector escénico. Dentro deste ciclo o grupo Sal-Monela Teatro presenta ‘Tan perfecto no te…

EL PRINCIPITO

El Principito é un clásico universal: todos o coñecemos, lémolo e gozámolo. É un deses poucos textos que podemos degustar sendo nenos ou adultos, porque nos tocará o corazón polas mesmas razóns, ou quizais por razóns diferentes. Nós quixemos iniciar aos máis pequenos nesta marabilloso historia a través dun conto visual. Nunha linguaxe que os…

GREASE SING-ALONG

CINE MUSICAL CON ANIMACIÓN E KARAOKE VERSIÓN DOBRADA COAS CANCIÓNS EN V.O + SUBTÍTULOS DE KARAOKE Paramount Pictures levou Grease á gran pantalla en 1978. A película lanzou ao éxito á australiana Newton-John no papel de Sandy, e consolidou a fama de Travolta co seu papel de Danny. O filme acumulou uns beneficios superiores aos 200…

LA BELLA DURMIENTE, Russian National Ballet

Sergey Radchenko quere dedicar ‘La Bella Durmiente’ á memoria de quen fóra a súa parella de baile durante máis de 20 anos, MAYA PLESÈTSKAYA. ‘Ela foi o raio de luz no que tiven a sorte de somerxerme’ S. Radchenko O Russian National Ballet fúndase en 1989, cando o lendario solista do Teatro Bolshoi de Moscú,…