Festival de fin de curso.

A Asociación Cultural Donaire celebra os seus 25 anos cunha gala moi especial no Teatro Colón da Coruña. Un espectáculo cheo de música, baile e emocións, no que se repasan as diferentes etapas da trayectoria da asociación, coa participación de alumnado e agrupacións de todas as xeracións. A gala 25º Aniversario de Donaire será unha…

Carmela é un proxecto que basea o seu repertorio no canto de tradición oral, entendéndoo como un construto social vinculado á tradición e, por tanto, á contemporaneidade. Dende un uso responsable e consciente do repertorio, especialmente no que ás informantes como intérpretes e creadoras se refire, cada tema escollido toma como idea principal o…

Un espectador definiu algunha vez este show como “stand up poetry”. É un recital de poesía onde “duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas” en palabras da propia Lúa. É un espectáculo que che remove por dentro, que che leva con sorprendente facilidade da risa ao pranto, que che enche o peito…

Eliades Ochoa, lendario músico gañador do Grammy Latino de Boa Vista Social Club e Septeto Típico Oriental, fai o seu debut no +QjazzCoruña co o seu sexteto. Eliades é considerado un dos soneros cubanos máis recoñecidos de todos os tempos, un destacado defensor da música tradicional cubana e un dos mellores guitarristas da súa…

Champian Fulton é unha pianista e vocalista de jazz estadounidense nada en Oklahoma e figura imprescindible da escena jazzística de N.Y. Creceu nun ambiente musical, filla do trompetista de jazz Stephen Fulton. Desde moi nova mostrou interese pola música e foi influenciada por músicos amigos do seu pai como Clark Terry e Major Holley….

Chega a cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona. Unha selección dalgúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do planeta reunidos sobre un mesmo escenario. A gala estará conducida polo Mago Murphy (Madrid) e contará cos multipremiados números de David Burlet (Francia), Nacho Samena (Galicia), Seimei (Corea) e a incrible posta en escena…