Axitación folclórica e electrónica, divismo de campo e humor, erotismo elegante, hedonismo e celebración dos dereitos innegociables. Fermosas coreografías contemporáneas; unha posta en escena que une elementos vintage con vídeo proxeccións e un vestiario que, unha vez máis, non deixará a ninguén indiferente, conxúganse nunha fórmula que a todo o mundo lle gustaría clonar, pero…












