Atesourando a Palabra. Homenaxe Nacional a Paco Souto

“Atesourando a palabra” é un espectáculo interdisciplinar en homenaxe póstumo ao poeta Paco Souto. En coherencia coa personalidade e discurso artístico deste escritor, levarase a cabo unha posta en escena na que confluirán a poesía, a música e a plástica. Diferentes profesionais das distintas áreas dialogarán arredor da figura dun escritor amigo que nos deixou…

Hemisferios. Mulleres e Voces

Espectáculo musical con Uxía, Pilocha, Alba María, Belém Tajes, Ugía Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey. Un único concerto especial e unha celebración de oito voces en oito mulleres. Leva o título da canción composta por Alba María, a petición da área de Cultura da Deputación da Coruña, co motivo da celebración do…

Premio do público do Cineuropa 2017

Proxección da película máis destacada do festival Cineuropa 2017 que se celebra no Teatro Principal, no Salón Teatro e outros puntos da cidade de Santiago de Compostela ao longo de todo o mes de novembro. Traemos ao Teatro Colón parte da esencia deste exitoso festival que iniciou a súa andaina no ano 1987 e que…

Estado de graza

Teatro do Noroeste. 30 ANOS DE TEATRO GALEGO A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta…

Don Juan Tenorio – Síntesis

Asociación Cultural Zalaeta Baixo a dirección de Ricardo Martín, todo un referente no mundo do teatro herculino, xúntase un elenco conformado por actrices e actores afeccionados de moi diversas idades e procedencias. De aí vénlle o “apelido” que se lle deu nesta ocasión ao clásico “Don Juan Tenorio” deste ano, que non é outro que…

As aventuras de Gale

A xanela do Maxín. Baseada na obra de Pepe Carreiro “Historia da lingua galega, do latín ao acento de Burgos”  

Gallaecia Gallaeciños. A historia do jazz

Un proxecto educativo, teatral e musical co que queremos facer chegar aos rapaces e rapazas a Historia do Jazz, dun xeito entretido e participativo para que aprendan divertíndose. O noso equipo artístico, formado por 6 músicos e 2 cantantes – actores, comezarán o concerto didáctico sendo escravos, que entre cadeas e algodón, achegarannos ao nacemento…

A cabeza do dragón – Funcións Escolares

Unha obra de Valle-Inclán. Producións excéntricas. “A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor nunha colección de farsas que titulou, ironicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo. Esta fábula está brillantemente manipulada por Valle-Inclán, quen introduce…

Fillos do Sol – Funcións Escolares

Contraproducións & FIOT Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos…