Deputación da Coruña Gala de clausura e entrega de premios Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, que na súa XXI edición está organizado polo IES Calvo Sotelo.

PROGRAMA: “Sacred Concert” de Duke Ellington para Big Band, coro e solistas vocais. Director Big-Band: Traugott Graser Director Coro: Fernando L. Briones Solista vocal: Tabea Graser Sendo intérprete e director dunha das bandas de jazz máis importantes do século XX a faceta de compositor de Duke Ellington moitas veces pasa desapercibida, a pesar de que…

A artista madrileña ELE presenta o seu segundo LP “What Night Hides” gravado nos míticos estudos Abbey Road de Londres. E farao no Teatro Colón dentro do 1º Festival Elas Son Artistas, o primeiro Festival metropolitano de música e artes pola igualdade, gañador dun premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña. Ele é o nome…

VOICES OF LIGHT / A PAIXÓN DE JUANA DE ARCO A novena edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugúrase cun cinema concerto, protagonizado por unha das obras máis emblemáticas, emocionantes e rotundas da historia do cinema: A paixón de Juana de Arco, do danés Carl Theodor Dreyer, en conxunción coa brillante Voices of Light,…

Asociación Etnográfica Sete Espadelas Esta mostra “Sete varas, un refaixo” trata de lle devolver o seu lugar ao traxe tradicional galego e de recuperar auténticas xoias do noso patrimonio que precisamos pór en valor. A pasarela amosará máis de 45 traxes, todos eles antigos ou reproducións fidedignas, froito do estudo e investigación da asociación. Poderase…

Asociación Cultural Tres por Catro Músicas inclusivas e participativas nace da unión da Asociación Cultural Tres por Catro xunto co músico, compositor e Técnico Sociosanitario, Robert Pier. En 2016 presentaron “O poder curativo dos Mantras”, terapia musical enfocada para a diversidade, que se fundamenta no coñecemento e interiorización dos mantras que o artista e terapeuta…

Xefatura Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña Neste acto, ademais de lembrar a figura da autora homenaxeada este ano polo Día das Letras -María Victoria Moreno Márquez-, quérese dar a coñecer o traballo de integración que se desenvolve nos centros educativos participantes e demostrar que a discapacidade física e/ou psíquica non é…

Nota: A día 11 de maio de 2018 a empresa organizadora deste evento solicita un cambio de data, en consecuencia este acto pasa do día 22 para o 27 de xullo por motivos técnicos de forza maior. O Teatro Colón e a Deputación da Coruña declinan calquera responsabilidade neste feito e piden desculpas polas molestias…

“LECCIÓNS MAXISTRAIS DE ACTUACIÓN” John Strasberg, herdeiro da longa tradición teatral da escola realista, chega desde Nova York para impartir un taller para actrices e actores e compartir coa cidade os seus revolucionarios coñecementos sobre o proceso artístico e a súa carreira como actor, escritor, director e mestre de actores. Así como a súa experiencia…

Manarte Producións. Un camiño na procura da vida e do mar. Teatro poético, contemporáneo e clásico a un tempo, tanto na concepción do marco escénico, plasticamente dinámico, como no tratamento da personaxe principal, Lisis. A protagonista interpela ás sombras das esfinxes na evocación da infancia perdida, da emoción inocente do primeiro amor e dos desexos…

Pilates y Danza A academia Pilates y Danza tráenos o seu fin de curso inspirado na música e o baile ao longo da historia dos musicais máis coñecidos de Broadway. Así, ao ritmo do Rei León, Cabaret e Cats entre outros, representaranse actuacións tanto de adultos como infantís de ballet clásico, baile moderno, danza contemporánea…