EL CLAN DE LAS DIVORCIADAS

Todo comezou en Toulouse, Francia. ‘Le Clan des Divorcées’ estreouse coa intención de presentarse durante tres semanas. A obra prolongouse logo por seis meses e dende entón, voilá, a peza estivo en cartel en Francia, de xeito ininterrompido, durante os últimos 10 anos. ‘Le Clan des Divorcées’ converteuse no éxito teatral de Francia da última…

PEPPA PIG, ‘Big Splash’

‘Peppa Pig – Big Splash’ é unha historia trepidante de 90 minutos, especialmente adaptada para nenos de entre 2 e 6 anos, onde o público asistente verá como Peppa ten que facer fronte ás fugas do teito da gardería. Xunto aos seus amigos, organizan unha feira para recadar o diñeiro necesario para que o Sr….

LA BELLA Y LA BESTIA, Escola de Danza Druida

GALA DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE DANZA DRUIDA ‘La Bella y la Bestia’ Baseado na película de Disney do mesmo nome, narra as aventuras de Bella, unha moza afeccionada á lectura que cae refén dunha abominable besta da que se namora porque, a fin de contas, ‘a beleza está no interior’. Interpretada por todos…

LOS DIABLILLOS ROJOS, entre locos y cuerdos

A delicada liña que separa o normal do patolóxico tende a borrarse cando se trata das chamadas enfermidades mentais. Os seus síntomas, vistos dende a zona de confort, dende ese espazo cotiá no que nos movemos todos os días, parecen ‘disparates dunha mente trastornada’ e, polo tanto, afastados de nós. Pero, en todo ser humano,…

A FILLA DE WOODY ALLEN, ibuprofeno teatro

O punto de partida de ‘A filla de Woody Allen’ é o inicio dunha viaxe da protagonista na procura do seu pai, do cal só sabe que vive en Nova York e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi…

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, abrapalabra creacións escénicas

En 1961 publicouse en Bos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada. Estamos perante unha importantísima celebración para a cultura galega: o 50 aniversario da 1ª edición de ‘Memorias dun neno…

AS DO PEIXE, abrapalabra creacións escénicas

PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR TEXTO, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (SUSANA DANS)  PREMIO DO PÚBLICO MIT 2013 [MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA] ‘As do peixe’ son as traballadoras da conserva. A man de obra barata dunha industria que, ao longo do tempo e da xeografía, acabou por facer parte da paisaxe emocional do…

KEILIN 4 ENSEMBLE, Concerto Benéfico

CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DO BANCO DE ALIMENTOS Este grupo está formado por catro membros dunha mesma familia que comparten a súa paixón pola música: a parella natural de San Petersburgo formada por Iliá (violonchelo) e Maria Keilin (piano) e os seus fillos Gregorio e Arsenio (violonchelos). Interpretarán algunhas das súas pezas favoritas nun concerto…

LOS PAYASOS DE LA TELE. EL MUSICAL

O espectáculo está composto polos sketches máis famosos e divertidos, así como novos números creados recentemente por Rody Aragón. Todo o espectáculo estará acompañado polas cancións máis coñecidas e populares co claro obxectivo de facer partícipe a todo o público, tales como: Hola Don Pepito, Cómo me pica la nariz, El autor, Dale Ramón, Susanita,…

EL CONSORCIO, gira despedida

Para presentar a El Consorcio é inevitable remitirse a Mocedades, xa que todos os seus integrantes pertenceron a ese grupo, a única formación hispana que vendeu un millón de copias dun ‘sencillo’ cantado íntegramente en castelán. Xoias como ‘Tomame o déjame’, ‘El vendedor’, ‘La otra España’, ‘Qué pasará mañana’, ‘Secretaria’, ‘Quién te cantará’, ‘Desde que…

LOS 7 CABRITILLOS, Cía. Pupaclown

[PROGRAMACIÓN ESPECIAL DÍA DO LIBRO INFANTIL] Sete cabritiños divírtense do lindo cando a súa nai se vai ao mercado, pero atópanse sos ante o perigo: un terrible lobo quéreos comer. Comeraos? Seguro que si, pero o final non é ese. E non cho podo contar agora. O que si che podo dicir é que son…

PÁNICO, Coart+e e Dos Palmas Producciones

‘Pánico’ é unha comedia que basea a súa reflexión nas dúas emocións máis potentes que existen: o amor e o medo. Trátase de tres personaxes masculinos que, por diversas circunstancias, vense forzados a crecer interiormente, a vida obrigounos a deterse e reflexionar, a mirarse un pouquiño por dentro e a dar un paso renovador. O…