Gallaecia All Stars

O musical “Mellor, mellor!” Gallaecia Eventos Un espectáculo cunha coidada posta en escena pensado para todo tipo de público. Durante dúas horas ininterrompidas de música de calidade, mesturada cunha historia de moito humor, Gallaecia Big Band realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con escenas de humor que diferencian…

Gallaecia Gallaeciños. A historia do jazz

Un proxecto educativo, teatral e musical co que queremos facer chegar aos rapaces e rapazas a Historia do Jazz, dun xeito entretido e participativo para que aprendan divertíndose. O noso equipo artístico, formado por 6 músicos e 2 cantantes – actores, comezarán o concerto didáctico sendo escravos, que entre cadeas e algodón, achegarannos ao nacemento…

Homenaxe a Pepe Temprano

Pepe Temprano nace en A Coruña en 1940. Os seus comezos na música tradicional teñen a súa orixe na familia. De pai gaiteiro e tamborileiro, tío gaiteiro e avó acordeonista, Pepe Temprano creceu escoitando “Os Tempranos de Eirís da Cruña”, o primeiro cuarteto de gaitas que houbo en A Coruña e As Mariñas e que…

ELEFANTES “Nueve Canciones de Amor y Una de Esperanza”

Dende 1994 e con 10 discos editados, Elefantes enchéronnos de Azul, fixéronnos sentir Hombres Pez e lembráronnos que Somos Nubes Blancas, e invitáronnos contemplar La Forma de Mover Tus Manos. Shuarma, Hugo, Julio y Jordi non coñecen medias tintas. Son química pura. Falan de amores e desamores, de encontros e desencontros, pero tamén de sensacións,…

ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA E INGRIDA GAPOVA: “Homenaxe a Rogelio Groba”

  A OCGa e a soprano eslovaca Ingrida Gapova protagonizan un concerto especial no que, ademais de interpretar a autores que foron escenciais ao longo dos seus 22 anos de traxectoria, quere facer unha sentida homenaxe a un dos compositores galegos máis emblemáticos e prolíficos: Rogelio Groba.

SOUTH CAROLINA GOSPEL CHORALE, ‘Feeling, freedom & fun’

Wayne Ravenell foi o fundador e director musical desta poderosa e dinámica agrupación de góspel de Charleston, Carolina del Sur. Os compoñentes do coro, fundado en 1997, foron seleccionados nas igrexas da cidade e representan con precisión o excelente nivel do xénero na cidade de Charleston. A formación componse, en función do tipo de concerto…

CORO CANTABILE, Misa da Coroación K. 317 de W. A. Mozart

O Coro Cantabile, acompañado dunha selecta camerata instrumental, ofrécenos unha das obras máis representativas da produción relixiosa de W.A. Mozart. Unha obra vibrante, solemne e eminentemente coral que presentaron este verán en Viena e Altenburg (Austria), acadando un grande éxito entre o público austríaco. ‘A Misa da Coronación (Krönungsmesse)’ de Wolfgang Amadeus Mozart (KV 137)…

ORQUESTRA DE CÁMARA GALEGA, ‘Sons do Atlántico’ con Gili Schwarzman

Seguindo as ondas do noso océano ata as ribeiras de todos os seus dominios podemos escoitar os mesmos Sons do Atlántico cada vez que toca nas rochas, nos cantis, nas praias. Así, a Orquestra de Cámara Galega, quere recoller algún de eses sons da man de creadores do Atlántico, sen fronteiras, para recalar durante un…

ENTRE TENORES

‘Entre Tenores’ é unha fusión de catro voces masculinas, que farán un percorrido polos distintos xéneros musicais: un repertorio que abarcará tanto temas de ópera, como zarzuela, música latina, pop, boleros, folclore … En definitiva, unha exquisita selección dos temas máis emblemáticos da historia da música versionados ao piano por Cesar Belda. Catro voces masculinas,…

LOS GOFIONES coa Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón

Nesta ocasión o grupo canario actuará acompañado da Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón e coa colaboración do Grupo Amizades. Los Gofiones nace en Las Palmas de Gran Canaria (Islas Canarias) o 3 de outubro de 1968 a partir da iniciativa de Totoyo Millares Sall, representante dunha das familias máis ilustres do…