COSAS DE PAPÁ Y MAMÁ

María Luisa Merlo acompañada dun excelente reparto volve a deleitarnos coa comedia máis divertida de Alfonso Paso, a comedia de enredos familiares na que Leandro e Elena, ambos maduros, viuvos e hipocondríacos, namóranse coa firme oposición dos seus respectivos fillos Julio e Luisa que, á súa vez, traballan xuntos. Abran paso á gargallada!

PEPPA PIG, ‘Big Splash’

‘Peppa Pig – Big Splash’ é unha historia trepidante de 90 minutos, especialmente adaptada para nenos de entre 2 e 6 anos, onde o público asistente verá como Peppa ten que facer fronte ás fugas do teito da gardería. Xunto aos seus amigos, organizan unha feira para recadar o diñeiro necesario para que o Sr….

LOS DIABLILLOS ROJOS, entre locos y cuerdos

A delicada liña que separa o normal do patolóxico tende a borrarse cando se trata das chamadas enfermidades mentais. Os seus síntomas, vistos dende a zona de confort, dende ese espazo cotiá no que nos movemos todos os días, parecen ‘disparates dunha mente trastornada’ e, polo tanto, afastados de nós. Pero, en todo ser humano,…

A FILLA DE WOODY ALLEN, ibuprofeno teatro

O punto de partida de ‘A filla de Woody Allen’ é o inicio dunha viaxe da protagonista na procura do seu pai, do cal só sabe que vive en Nova York e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi…

MEMORIAS DUN NENO LABREGO, abrapalabra creacións escénicas

En 1961 publicouse en Bos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada. Estamos perante unha importantísima celebración para a cultura galega: o 50 aniversario da 1ª edición de ‘Memorias dun neno…

AS DO PEIXE, abrapalabra creacións escénicas

PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR TEXTO, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA (SUSANA DANS)  PREMIO DO PÚBLICO MIT 2013 [MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA] ‘As do peixe’ son as traballadoras da conserva. A man de obra barata dunha industria que, ao longo do tempo e da xeografía, acabou por facer parte da paisaxe emocional do…

LOS 7 CABRITILLOS, Cía. Pupaclown

[PROGRAMACIÓN ESPECIAL DÍA DO LIBRO INFANTIL] Sete cabritiños divírtense do lindo cando a súa nai se vai ao mercado, pero atópanse sos ante o perigo: un terrible lobo quéreos comer. Comeraos? Seguro que si, pero o final non é ese. E non cho podo contar agora. O que si che podo dicir é que son…

PÁNICO, Coart+e e Dos Palmas Producciones

‘Pánico’ é unha comedia que basea a súa reflexión nas dúas emocións máis potentes que existen: o amor e o medo. Trátase de tres personaxes masculinos que, por diversas circunstancias, vense forzados a crecer interiormente, a vida obrigounos a deterse e reflexionar, a mirarse un pouquiño por dentro e a dar un paso renovador. O…

EL RETABLO DE LAS MARAVILLAS, Morfeo Teatro

MORFEO TEATRO Con especialidade en teatro clásico e residencia en Burgos, dende hai anos recibe unha cálida acollida pola súa singularidade. Na súa filosofía está o afán de adaptar ou rescatar pezas pouco habituais no repertorio clásico, asumindo un vangardista sentido da posta en escena. Dentro do seu academicismo asume os riscos de estudar as…

LOSERS, con MARIA PUJALTE e VICENTE ROMERO

María Pujalte e Vicente Romero forman a parella que autora de ‘Losers’, Marta Buchaca, escolleu para interpretar aos seus característicos personaxes. Un espectáculo con situación e atmosfera moi actual, que provocará as risas do público tanto polas divertidas escenas que viven os seus protagonistas como pola identificación que se producirá entre os espectadores e os…

A ÓRBITA DO LUCECÚ, Lucecús Teatro

Para a realización deste proxecto teatral, a compañía apostou por un intenso traballo de documentación partindo de dous temas: a sociedade tecnolóxica e os novos xeitos de comunicarse. O proceso foinos levando a tres ideas que orbitaban ao redor noso: os lucecús, Nikola Tesla e o planeta vermello. Logo dese traballo de documentación, pasamos á…

ATCHÚUSSS!!!, sobre textos humorísticos de ANTÓN CHÉJOV

ESPECTÁCULO RECOMENDADO POR: LA RED DE TEATROS Na longa lista de textos humorísticos que escribiu Antón Chéjov (co pseudónimo Antosha Chejonte que empregou durante a súa mocidade) o autor, dotado dunha ilimitada capacidade de comprensión e unha inmensa piedade, converteu en protagonistas a uns pobres diaños que ata entón só serviran de foriño, coro e…