Concerto anual dedicado aos socios e público en xeral que este ano conta ademais da nosa Coral coa intervención da violinista Mariam Poghosyan que intervirá no intermedio do concerto. Estará acompañada ao piano por Anna Mirzoyan.

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais. Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do…

SonDeSeu, a Orquestra Folk de Galicia que fixo e segue a facer capítulo isolado, tanto na historia musical do noso país como na do resto da península e de Europa. SonDeSeu converteu o seu nome e a súa experiencia en facho fecundo e fachendoso, acendido en palestras nacionais e internacionais. Vinte anos despois toca…

Por segundo ano consecutivo a Orquestra Sinfónica de Galicia participa dentro do Festival RESIS, este ano a través da Camerata OSG, dirixida por Wladimir Rosinskij, e que este ano presentará un concerto que inclúe un total de 3 estreas en España e unha estrea absoluta. A Camerata sumarase tamén ás homenaxes desta edición de…

Con el concerto AKRATA, a Banda Municipal da Coruña participará por primeira vez dentro de RESIS, dentro dos concertos homenaxe a Iannis Xenakis. Akrata (1964/65) é unha obra para un conxunto de instrumentos de vento madeira e vento metal que leva ao extremo as posibilidades sonoras dos instrumentos: as diferentes intensidades, a emisión do…

O espectador terá unha invitación para coñecer a Miss Beige e deitarse con ela compartindo así secretos de alcoba. “O mirón”, que debe entrar en solitario, dúos ou tríos, convértese en protagonista, tendo que interpretar a insinuación. A vulnerabilidade do artista fronte á vulnerabilidade do espectador. Pero quen mira a quen? Miss Beige, en…

Dende 1950 seis millones de personas foros expulsadas do campo do estado español en dirección á diáspora innominada, dirección ao progreso, a un futuro que non puidemos decidir. A triloxía de Naxos interroga a través da metáfora da condición txarnega, término que recibiu esa migración en Catalunya. A primeira peza da Triloxía de Naxos…

Édouard Louis e Eddy Bellegueule son a mesma persoa e non o son. Para acabar con Eddy é a historia dunha transformación, a do neno peculiar que ten que sobrevivir na contorna de violencia, machismo, pobreza e homofobia no que ten a mala sorte de nacer. O neno sensible e inquieto que debe ocultar…

Con motivo de festexar o Día das Letras Galegas 2022, a Banda Municipal da Coruña realizará un concerto centrado en músicos coruñeses ou obras directamente relacionadas coa cidade. Trátase dun concerto de recuperación histórica artellado a modo de paseo pola cidade, dende o século XIX ate o XX. Unha inmersión na historia e os…

Tras 2 anos onde non puidemos celebrar o noso festival infantil O Berce de Donaire, por fin volvemos na nosa décimo primeira edición. Trátase dunha gala onde a rapazada é a protagonista dun espectáculo dinámico, divertido e de calidade de música e baile tradicional. Nesta ocasión acompañarán ás nenas e nenos da Asociación Cultural…

A área de Cultura da Deputación da Coruña celebra unha gran gala de entrega de premios correspondentes aos anos 2020 e 2021. Este evento xuntará no Teatro Colón a preto de 200 persoas da cultura que participaron directamente no desenvolvemento destes premios –entre xurados, comisariados e comisións lectoras- e subirá ao escenario a máis…