Bicos con lingua

Máis información: comunicacion.colon@dacoruna.gal Talía Teatro ‘Bicos con lingua’ é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara a algo tan propio como é a nosa lingua. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e certamente preocupante. Así, pretendemos…

Estás aí?

Redrum Producións “Estás aí?” é unha fascinante comedia que narra os desencontros dunha parella que se muda a un novo apartamento no que habita un personaxe invisible que os fará desesperarse coas súas trasnadas. Mentres están a superar a sorpresa e buscan a forma de convivir co inesperado convidado, un feito casual fará que comecen…

#Camiños

ButacaZero Que significa Galicia no século XXI? Partindo da idea desas aldeas que se baleiran cada día, dende ButacaZero quixemos reflexionar sobre o que se perde e o que se mantén doso pasado na nosa vida diaria. Os tópicos galegos represéntannos ou non? Cal é a nosa vida e que ten que ver coa imaxe…

Baleadas

trasPediante Un xogo coas baleas, coas cores, e tamén co público de todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e interactúan, refacéndose no mesmo espectáculo. A compañía trasPediante experimenta coa tecnoloxía creando sorpresas, risa e baleas en anaglifo, inspirándose no poemario Balea2 do poeta Estevo Creus.

Troyanas

Compañía de Teatro Noite Bohemia As Troianas de Eurípides, o considerado xeralmente o máis moderno dos tres grandes dramaturgos clásicos gregos, distinguiuse por expor nas súas obras os conflitos morais máis permanentes da condición humana. A experiencia da guerra do Peloponeso, da que foi testemuña no postremeiro tramo da súa existencia, moveulle, como ben testemuña…

Outono

Pistacatro Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego dá o seu mortal máis arriscado con Outono, un novo espectáculo no que reúne a parte dos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda: facerse maior. Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha…

A noiva de don Quixote

Emedous Producións e Distribucións Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar coma Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún…

A noiva de don Quixote

Emedous Producións e Distribucións Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar coma Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún…

Muiñada

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ó ver que os dous non poden moer ó mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son…

Ubú Rei

Talía Teatro Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. Nesta ocasión, Ubú O´Reilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam O´Connor…

Eroski Paraíso

Chévere. 30 ANOS DE TEATRO GALEGO Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse…