GÜELA-GÜELA, Galitoon

Baseada na obra ‘Concerto de aves’ de Frans Snyders, a solicitude do Museo Nacional do Prado e no marco das actividades dirixidas a público familiar e infantil que visita o museo. En ‘Güela-Güela’ apostamos, unha vez máis, polo público de 1 a 6 anos cun espectáculo de gran plasticidade, moi visual e cargado de emocións…

JAVIER MARTÍN, ‘La exforma’

Dixo: ‘Séntese unha corrente. Como se xa o tivera vivido. E é a primeira vez que estou aquí’. Un sutil vento eléctrico, sinal dun principio ordeante profundo e inalterado, que certos ritmos ou aromas distribúen polo corpo. O que non sabe é que quere dicirlle, ou mesmo se a comunicación é sequera posible entre dúas…

ENTRE TENORES

‘Entre Tenores’ é unha fusión de catro voces masculinas, que farán un percorrido polos distintos xéneros musicais: un repertorio que abarcará tanto temas de ópera, como zarzuela, música latina, pop, boleros, folclore … En definitiva, unha exquisita selección dos temas máis emblemáticos da historia da música versionados ao piano por Cesar Belda. Catro voces masculinas,…

SANTI MILLÁN e JAVI SANCHO, ‘Estamos mejor que nunca’

Pola compra da túa entrada para o novo espectáculo de Santi Millán regalámosche a actuación de Javi Sancho* *promoción válida ata que a Santi se lle acabe a paciencia Despois de tres anos paseándose por todos os teatros de España co seu espectáculo ‘Santi Millán Live’, esta particular parella cómica volve á carga con doses…

THIS IS IT (MICHAEL JACKSON) SING-ALONG

CINE MUSICAL CON ANIMACIÓN E KARAOKE VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA ‘This is it’ é o primeiro documental que se incorpora ao catálogo de Sing-Along. Dirixido por Kenny Ortega, conta os últimos días na vida do mito do pop. Michael Jackson ensaia os concertos que levaron o mesmo nome e que constituíron o seu último fito como artista….

SILENCIADOS, Sudhum Teatro

[PROGRAMACIÓN ESPECIAL DÍA DOS DEREITOS HUMANOS] SILENCIADOS é unha peza de teatro físico e social que fala da intolerancia e narra a historia de cinco persoas asasinadas por crimes de odio, concretamente por causa da súa orientación sexual. Unha temática á que, lamentablemente, segue sendo necesario dar visibilidade e que está de triste actualidade. Durante…

FRAUDE, Sudhum Teatro

Sudhum Teatro achégase nesta montaxe á personalidade de Elmyr de Hory (1906 – 1976). Dise que entre Santa Eulalia e Ibiza xacen os seus restos ou, acaso, noventa quilos de pedras e area enterrados nun cadaleito. Quizais Elmyr contemplara dende unha terraza ibicenca os famosos atardeceres en San Antonio de Portmany mentres o seu féretro viaxaba a…

LOS GOFIONES coa Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón

Nesta ocasión o grupo canario actuará acompañado da Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón e coa colaboración do Grupo Amizades. Los Gofiones nace en Las Palmas de Gran Canaria (Islas Canarias) o 3 de outubro de 1968 a partir da iniciativa de Totoyo Millares Sall, representante dunha das familias máis ilustres do…

TONI BRIGHT, MAGIA DE LA MENTE, VOLVER A CREER

TVE: ‘Uno de los mentalistas más prestigiosos de España’ Despois de percorrer os mellores teatros de toda España, por fin chega Toni Bright… na noite máis máxica, sorprendente e fascinante do ano. Toni Bright, un dos mellores e máis afamados magos da mente do noso país, tráenos o seu espectáculo ‘Volver a Creer’, un show…

LA ASAMBLEA DE LAS MUJERES

Juan Echanove estreouse como director en Mérida con esta comedia escrita por Aristófanes no ano 392 a. de C. e versionada nesta ocasión por Bernardo Sánchez, que expón unha hilarante revolución feminina liderada por Praxágora (Lolita) e apoiada por outras cidadáns atenienses para asumir o Goberno. O texto cobra por si mesmo actualidade ao reflectir…

LA PRIMERA MUJER EN LA TIERRA, La Smorfia Teatro

NOTAS DE POSTA EN ESCENA É un monólogo que trata de plasmar, dende a miña visión masculina, o que puido significar ser muller ao longo da historia. Sempre tivo claro, dende a idea primixenia, que estaba cansado de ler epopeas de homes en guerras, grandes escritores e grandes pensadores. Todos homes. A historia fómola escribindo…

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN, ‘Contar’

Contar é un oficio que todos temos Levo recollendo contos e historias inconscientemente toda a vida, coma calquera. Pero desde hai anos véñoas recollendo e reacomodándomas, coa intención de contalas de cara a distintos públicos Escoitar, conversar, colleitar, destilar, contar, convivir, … Empecei por casualidade e oportunidade. Continúo porque é unha actividade de amor, sentido…