
Orquestra de Cámara Galega Laura Lorenzo – frauta Esta proposta ten como principal obxectivo achegar a música clásica a toda a cidadanía, sen ningún tipo de distinción, onde teñan cabida todas as idades e toda a diversidade que nos rodea, na mesma liña da filosofía do Festi=2022. Demusicade quere levar a cada persoa todo…

Gloria e Josete acábanse de independizar baixo a tutela de Claudia. Ante a necesidade de atopar un traballo para poder ter un soldo co que manterse, Claudia proponlles que tenten dedicarse a algo que lles guste de verdade. Eles queren ser artistas. Para iso deberían atopar un representante. E resulta que Gloria leva tempo…

Estrea do documental de Xavier Villaverde que nos achega a María Casares, unha muller cuxa vida queda marcada pola guerra civil e o exilio a Francia. Viviremos xunto a ela os feitos históricos máis relevantes do século XX en Europa, unha vida na que se cruzan figuras culturais de primeira orde. Comprometida e incansable…

Inventio é un espectáculo familiar de gran formato, no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Inventio é unha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena futurista, Inventio recupera a paisaxe,…

Unha nena valente e intrépida, que vive todo tipo de aventuras acompañada de divertidos personaxes que a axudarán a avanzar superando as adversidades. O fío argumental deste espectáculo narra a historia desta nena, que no seu soño desaparecen os seus xoguetes e sae en busca deles en compañía doutros xoguetes, que son personaxes de…

Tras unha exitosa xira no Nadal de 2021, co 100% das entradas vendidas, volve “Esfínter, o mellor espectáculo para pechar o ano”. David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas volven, como xa é costume, a casa polo Nadal. Tres dos cómicos máis representativos do humor galego, por sorte ou por desgraza, traballan gran parte…

Rozalén celebra unha década sobre os escenarios con ‘Matriz’, o seu flamante novo disco, dispoñible a partir do 11 de novembro. Para conmemorar dez anos na música, a artista rexistrou con mestría un conxunto de temas producidos por Ismael Seixo onde rende homenaxe ao folclore e á música tradicional do noso país. O que propón…

A banda compostelá Ataque Escampe, en colaboración co videógrafo David Silva, presenta este espectáculo audiovisual con música en directo onde, a través de máis dunha ducia de episodios, alternará cancións do seu vindeiro disco —previsto para 2023— con algunhas das pezas máis inexploradas do seu repertorio. Canda a música, a proposta visual está atravesada…

O próximo día 30 de setembro no marco do congreso anual da Sociedade Galega Interdisciplinaria da SIDA (SOGAISIDA) presentarase o documental Tomás Fábregas. Fighting barriers. O director Domingo D Docampo exhibirá un work in progress da longametraxe que ten previsto a súa estrea en 2023. A proxección terá lugar no Teatro Colón ás 20h…