CARMEN, Ballet Flamenco de Madrid

Unha idea de equipo que, tras anos de experiencia, preparación e busca, creou un repertorio de espectáculos que resume o seu saber artístico. Ballet Flamenco de Madrid nace da necesidade de romper o tópico que establece que o baile español é simplemente baile flamenco. Por iso é unha proposta diferente ao resto, na que o…

LA ABEJA MAYA, FERROTEATRO

Espectáculo pedagóxico de teatro musical infantil sobre a sostenibilidade e o medio ambiente para nenos e nenas de ata 8 anos. Lucia é unha alegre nena dun pobo cercano ao bosque onde habita a Abella Maya e o seu amigo Willy. Ela é a axudante do profesor Gambinni, alocado investigador, amante da natureza e sobre…

MONÓLOGO DO IMBÉCIL, con Xosé A. Touriñán

O ‘Monólogo do imbécil’ é un unipersoal no que elaboramos a biografía dun home desde o momento da cópula dos seus pais, aló polo ano sesenta, ata agora mesmo. Un individuo que ante o absurdo da súa vida e do momento histórico que lle toca vivir séntese desprazado unha e outra vez. Unha autobiografía surrealista,…

CORUÑA CON HUMOR, con Gary, Víctor Grande e David Perdomo

Gary, Victor Grande e David Perdomo presentan ‘Coruña con humor’. Tres formas diferentes de facerte rir. Non deixes pasar a oportunidade de esquecerte de todo durante un par de horas e vén a rir sen parar con estes tres monstros do humor.

‘Irene Mediluce’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]

Grupo creado ao amparo do IES María Casares, e con máis de 15 anos de vida. Nesta traxectoria baseou a súa formación nunha metodoloxía centrada no xogo, como medio de chegar á comprensión dos conceptos artísticos de xeito lúdico e atractivo. A proposta parte sempre dun nivel básico, capaz de integrar a participantes experimentados coas…

‘Meetic Shakespeare’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Sada arranca a súa actividade en 2003, cun proxecto centrado en diferentes sectores de idades (infantil, adulto e 3ª idade). Os obxectivos máis importantes que xustificaron a creación foron: Iniciar a grupos de diferentes idades na aprendizaxe das artes dramáticas. Crear un espazo para a aprendizaxe, principalmente…

‘Retrato en branco e negro’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]

A Asociación Cultural Ditirambo Teatro Coruña foi constituída en 2015, aínda que todos os seus integrantes proceden do mundo do teatro e teñen unha ampla traxectoria, ben sexa como actores, dramaturgos ou, coma no caso do director da obra Santiago Fernandez, como fundador do Estudo de Teatro Casahamlet.

‘2021, unha odisea na terra’ [V MOSTRA DE TEATRO AFECCIONADO]*

*Ao remate da función haberá unha mesa redonda coa participación de Luciano Fernández – técnico de cultura de Narón- e Flor Maceiras – directora da Escola de Teatro de Narón-. ‘2021, unha odisea na terra’ é unha comedia familiar de aventuras sobre os problemas causados pola contaminación ambiental, que pretende promover boas prácticas persoais e sociais para…

SONRISAS Y LÁGRIMAS SING-ALONG

VERSIÓN DOBRADA COAS CANCIÓNS EN V.O. SUBTITULADAS Vén a gozar co sing-along do gran título familiar ‘Sonrisas y Lágrimas’. Paso polo photocall, adquire o kit e canta cos actores a escala musical. Austria, 1938. María é unha novicia que abandona a abadía para converterse na institutriz dos sete fillos dun militar retirado, o capitán Von…

LA FLAUTA MÁGICA, Ferroteatro

Trátase dunha adaptación infantil e en castelán da célebre ópera de Mozart ‘Die Zauberflöte’ (La flauta mágica) que se estreou en Viena no ano 1791. Tamino, mozo príncipe, vai caer nas mans da malvada Raíña da Noite, que o persuade para ir na procura da súa filla Pamina axudado polo mozo cazador de paxaros real,…