Axúdanos a encher o teatro #LlenemoselColón

Encántanos esta iniciativa e por iso queremos que nos axudes a que sexa todo un éxito: o vindeiro 9 de xaneiro ás 20:30 horas a produtora COART+E presenta un Noite de Reis accesible. Que significa isto? Que está adaptado a persoas con discapacidades sensoriais (cegueira e xordeira). Unha parte da recadación irá destinada a ACOPROS…

Los Panchos e Francisco vanse de celebración

Mañá, martes 16 de decembro ás 21:00 horas, o popular trío Los Panchos celebrará o seu 70 aniversario cun concerto no Teatro Colón. En tan sinalada data o grupo contará coa colaboración especial do cantante Francisco. O histórico trío mexicano, capitaneado polo mestre e director musical Gaby Vargas, presentará o seu último disco no que…

SAEN Á VENDA AS ENTRADAS PARA INSOLACIÓN

O Teatro Colón xunto á Deputación de A Coruña e Producciones Faraute estrea Insolación, unha adaptación da novela de Emilia Pardo Bazán que ten á actriz María Adánez como protagonista. A obra poderá verse o venres 12 e o sábado 13 ás 20:30 horas, as entradas poden adquirirse dende hoxe a través das canles de…

OS ALUMNOS DO TALLER DE ARTE DRAMÁTICA AMOSAN O SEU TRABALLO

Os alumnos do Taller de Arte Dramática, patrocinado pola Deputación de A Coruña, presentarán os seus traballos no Teatro Colón durante a primeira semana de decembro. Todas as funcións son gratuítas e as entradas poden recollerse no despacho de billetes do Teatro Colón. As actividades do Taller de Arte Dramático abertas a público comezan o…

A MAXIA DO CIRCO CHEGA AO TEATRO COLÓN DA MAN DE ELEGANTS

Este domingo 30 ás 19:00 horas a compañía Elegants presenta ‘Cabaret Elegance’, unha orixinal e premiada proposta que mestura circo e humor. A función está coorganizada polo programa Platea do INAEM e foi recoñecida con diversos premios entre os que destacan o Premio do Público no Festival de Buitengewoon (Holanda) ou o Premio do Xurado…

O Gato con Botas, unha partitura inédita de Rogelio Groba

Mañá  venres 21 estreamos O Gato con Botas, unha produción propia que se enmarca dentro da nova liña de traballo do espazo herculino e que engloba a produción de espectáculos e as residencias técnicas. A obra conta con música en directo interpretada pola Orquestra de Cámara Galega baixo a dirección musical de Rogelio Groba Otero,…

Comunicación Incomunicación, premio MAX á mellor produción privada

O domingo 16 ás 19:00 horas poderemos gozar con Comunicación Incomunicación, unha produción do Teatro Arriaga, Kukai e Tanttaka Teatro que está coorganizada polo programa PLATEA do INAEM e que recibiu o Premio MAX á mellor produción privada na pasada edición deste importantes galardóns, que se conceden aos traballos máis destacados das artes escénicas dentro…

Carmen Roche revisa a historia da danza en Timeless, de Petipa a Nacho Duato

Este sábado 8 de novembro ás 20.30 horas o Ballet de Carmen Roche presenta Timeless, de Petipa a Nacho Duato. A programación semanal complétase co concerto Symphonic Rhapsody of Queen o venres 7 ás 22.00 horas e co espectáculo infantil La vuelta al mundo, o domingo 9 ás 18:00 horas. Carmen Roche é unha das…

CHICA ENCUENTRA UN CONEJO

Hai uns días comezou a circular un vídeo polas redes sociais baixo o título: Chica encuentra un conejo y mira lo que pasa al final. Con este titular tratábase de chamar atención e espertar a curiosidade dos internautas arredor do tema do vídeo. E o tema (musical neste caso) non era outro que ‘Robin’, o…

O Gato con Botas

O vindeiro mes de novembro estrearemos O Gato con Botas, unha produción do Teatro Colón a partir de popular conto europeo, recompilado por primeira vez en 1697 por Charles Perrault, presentamos un espectáculo integrador que combina o clásico coa tecnoloxía de vangarda. O Teatro Colón lidera esta gran produción, unha ópera infantil na que participan…